InicioMOV. SOCIAISO Ateneo de Santiago entrega o Premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico...

O Ateneo de Santiago entrega o Premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico 2024

Marta Otero Mayán e Ángel Paniagua reciben os galardóns nun acto que reivindicou o valor do xornalismo comprometido

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ateneo de Santiago celebrou este luns a entrega do Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2024. Nesta edición, o recoñecemento principal foi para Marta Otero Mayán pola súa reportaxe ‘Somos las esclavas de este siglo’, publicada en La Opinión de A Coruña o 3 de marzo. Ademais, entregouse unha mención honorífica a Ángel Paniagua Pérez polo traballo ‘El ‘chemsex’ dispara las infecciones sexuales’, publicado en La Voz de Galicia o 26 de novembro de 2023.

UN XORNALISMO NECESARIO

O acto foi inaugurado polo presidente do Ateneo de Santiago, Francisco Candela, quen destacou a alta calidade dos traballos presentados e a dificultade do xurado para escoller os premiados. Pola súa banda, Antón Porteiro, da Sección Sociedade da Información, deu lectura á acta de concesión do galardón.

Durante a súa intervención, o representante da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Xosé Ramón Pousa, eloxiou os galardoados como parte dunha nova xeración de xornalistas “preparados, ben formados e comprometidos coa profesión”. Pousa reflexionou sobre a importancia da reportaxe xornalística, definíndoa como unha ferramenta fundamental que vai máis alá da noticia simple para ofrecer información rigorosa e profunda, pese a ser un formato que require máis recursos e tempo. Segundo afirmou, “se perderon moitas das virtudes do xornalismo tradicional, pero a súa esencia segue viva e necesaria, sobre todo para dar voz aos colectivos máis vulnerables”.

Tras recibir o premio, Marta Otero Mayán agradeceu ao Ateneo a súa sensibilidade ao valorar unha temática como a das traballadoras migrantes, destacando as súas condicións precarias no ámbito dos coidados e do traballo doméstico. A xornalista tamén sinalou os desafíos actuais da profesión: “Cada vez é máis difícil facer o xornalismo que predicaba Alfredo Vicenti polas novas dinámicas de consumo de información e as presións externas”.

Pola súa banda, Ángel Paniagua Pérez reflexionou sobre o concepto de xornalismo cívico, indicando que debería ser un principio inherente a toda práctica xornalística. Con todo, lamentou que hoxe en día “prima o entretemento en detrimento da información e da formación, diluíndo o valor cívico que debe caracterizar ao xornalismo”.

O evento concluíu coas palabras do presidente do Ateneo, Francisco Candela, que felicitou aos premiados e agradeceu a participación dos asistentes, reafirmando o compromiso da entidade coa promoción dun xornalismo ético e ao servizo da sociedade.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here