InicioMOV. SOCIAISAs traballadoras de Beatriz Seijo S.L. suspenden a folga e solicitan mediación...

As traballadoras de Beatriz Seijo S.L. suspenden a folga e solicitan mediación no Consello Galego de Relacións Laborais

A folga indefinida, que durou 46 días, busca agora unha solución negociada para mellorar as condicións laborais do persoal

Publicado o

Xornal de Compostela

As traballadoras de Beatriz Seijo S.L. decidiron suspender temporalmente a folga indefinida que mantiñan desde o pasado 11 de setembro e incorporáronse aos seus postos este luns, 28 de outubro, coa maioría en xornada parcial. Esta decisión responde á vontade de avanzar nas negociacións co obxectivo de mellorar as súas condicións laborais, un proceso que o comité de folga considera que foi dilatado pola empresa, que interrompeu as negociacións o 18 de outubro.

A representación das traballadoras denuncia que durante a folga, a empresa adoptou accións que consideran orientadas a desgastar o persoal, entre elas, o atraso das negociacións e o suposto incentivo para que as familias e alumnado se desen de baixa, reducindo o volume de matrículas. O comité cualifica esta estratexia de “inmolación”, co obxectivo de xustificar unha redución do cadro de persoal e retomar a actividade posteriormente cunha estrutura renovada.

Para evitar consecuencias máis graves para o persoal en folga, o comité solicitou a intervención do Consello Galego de Relacións Laborais. Sorprendentemente, a empresa aceptou esta mediación, o que abre a porta a que ambas partes retomen as conversacións. A CIG-Ensino e o comité de folga agardan que a mediación facilite un acordo que inclúa as demandas laborais de recoñecemento de categorías profesionais, equiparación salarial e un clima de respecto nas relacións laborais.

As traballadoras, que levan 46 días sen percibir ingresos, confían en que esta mediación permita desbloquear un conflito no que consideran xustas as súas reivindicacións, e apelan á boa disposición da empresa para alcanzar un acordo satisfactorio para ambas partes.

ÚLTIMAS

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Educación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal de Lacera

A Consellería de Educación publica este luns no Diario Oficial de Galicia os servizos...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

Educación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal de Lacera

A Consellería de Educación publica este luns no Diario Oficial de Galicia os servizos...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here