InicioMOV. SOCIAISCentos de persoas maniféstanse "en contra do sionismo e a represión policial"...

Centos de persoas maniféstanse “en contra do sionismo e a represión policial” tras as 9 detencións en Santiago

A marcha partiu pasadas as 19:30 desde a Praza Roxa e os manifestantes desprazáronse ata a Praza 8 de marzo ante un importante despregamento policial

Publicado o

Xornal de Compostela

Máis dun centenar de persoas manifestáronse este venres en Santiago de Compostela “en contra do sionismo e da represión policial” tras as cargas ocorridas o pasado domingo despois da marcha na que miles de persoas esixiron polas rúas da capital galega un alto ao fogo en Palestina e que deixaron nove persoas detidas e, segundo o Sindicato Unificado de Policía (SUP), nove axentes feridos.

Convocados por colectivos como a Rede Galega por Palestina, BDS Galiza e a Asemblea Internacionalista, a marcha partiu pasadas as 19:30 desde a Praza Roxa e os manifestantes desprazáronse ata a Praza 8 de marzo ante un importante despregamento policial. Cunha pancarta coa lema ‘Nove detencións, 0 explicacións’ e entre cánticos como ‘non levamos porras, é unha pancarta’, ‘onde estaba a placa cando me pegabas’ ou ‘aquí choven multas, en Gaza choven bombas‘, máis dun centenar de persoas percorreron as rúas do centro compostelán sen que se rexistrasen incidentes.

FEITOS DO PASADO DOMINGO

As cargas producíronse cando, ao finalizar a protesta, un grupo de manifestantes dirixiuse aos locais de venda de comida rápida que se atopan na rúa da Senra, no centro da capital galega, ao considerar que estas empresas colaboran con Israel. Alí, varios axentes da UIP interviñeron e detiveron a nove persoas.

Estes feitos tamén deron lugar a un cruzamento de declaracións entre o Goberno local e o PP de Santiago, despois de que a portavoz do Executivo de Goretti Sanmartín, Míriam Louzao, manifestase que, “polo que transcendeu e as imaxes”, a intervención policial parecía “algo excesiva”. Unhas declaracións que o portavoz dos populares cualificou de “imprudentes”.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

Miles de manifestantes reclaman en Santiago a “fin do xenocidio en Palestina” e a “imposición de sancións” a Israel

Milleiros de manifestantes reclamaron en Santiago de Compostela a "fin do xenocidio en Palestina"...