InicioMOV. SOCIAISA Asociación de Pacientes do CHUS denuncia atrasos en probas diagnósticas para...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia atrasos en probas diagnósticas para pacientes oncolóxicos

A asociación reclama solucións inmediatas ante a demora nas revisións e probas de control en Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS vén de denunciar os atrasos nas probas diagnósticas radiolóxicas, afectando especialmente a pacientes oncolóxicos en remisión. Entre os casos sinalados está o de Aida Castro, quen tras superar un cancro de mama, relata que leva meses sufrindo demoras nas súas revisións e probas, como o TAC necesario para a súa próxima consulta. Segundo Castro, os atrasos nas citas “poñen en risco a nosa saúde” e asegura unha situación de “abandono asistencial”.

A asociación advirte que o sistema de “buzón”, empregado para xestionar as citas sen fixalas no momento, xera incertidume entre os pacientes, xa que non se asignan datas concretas de atención. Este sistema, afirman, non respecta a legalidade establecida na Orde do 13 de xullo de 2004, que obriga a fixar citas de forma estable, salvo excepcións debidamente motivadas.

Os atrasos non só afectan aos pacientes oncolóxicos, senón tamén aos miles de usuarios que agardan por probas diagnósticas. Segundo os últimos datos publicados polo SERGAS, a finais de 2023 había 15.874 persoas en lista de espera para probas, un número que incrementou en 831 con respecto ao ano anterior e que supón un aumento do 82% en relación ao 2019.

A situación, segundo denuncia a Asociación de Pacientes, está agravada pola falta de persoal no Servizo de Radioloxía, con baixas sen cubrir que chegan ata os 11 radiólogos en certos momentos. A entidade esixe ao SERGAS e á Xerencia da Área Sanitaria de Santiago que doten de recursos humanos suficientes tanto aos servizos de oncoloxía como de radioloxía, e que se adopten as recomendacións da Valedora do Pobo, quen xa emitiu varios requirimentos para mellorar a situación.

Entre as medidas solicitadas, reclaman a supresión do sistema de “buzón” e que se respecten os criterios clínicos e os tempos pautados polos profesionais de saúde nas revisións de pacientes.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

Corredores da Ulloa chegan a Santiago para denunciar os proxectos de Altri e da Mina de Touro

Un grupo de 14 corredores federados, vinculados á asociación Ulloa Viva e á Plataforma...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here