InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOCazan a un falso veterinario en Ames que vendía vacinas para animais

Cazan a un falso veterinario en Ames que vendía vacinas para animais

Publicado o

Xornal de Compostela

A Garda Civil investiga a un veciño da Estrada, de 55 anos de idade, como presunto autor dos delitos de falsificación de documento público e de intrusismo laboral ao traballar de veterinario sen titulación en Ames .

En concreto, segundo explica a Benemérita, a investigación comezou tras a denuncia dun veterinario colexiado da comarca do Umia, o cal deu a voz de alarma ao atopar cartillas de vacinación de cánidos nas que se observaba o seu selo, os seus datos de colexiado e unha firma falsificada.

Tras diferentes pescudas, identificouse ao falso veterinario, veciño da Estrada con antecedentes policiais por outro tipo de feitos, que rexenta unha tenda de animais en Ames, onde fornecía vacinas carecendo da titulación necesaria para iso.

Así, o equipo EBIO da Garda Civil de Caldas e o Seprona de Vilagarcía investigan ao home, entregando dilixencias ao Xulgado de primeira instancia e instrución de garda de Santiago de Compostela, onde o home terá que comparecer cando sexa requirido.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

A migración forzada por factores ambientais, a debate en Santiago o martes 17 de marzo

O vindeiro martes 17 de febreiro celebrarase no Centro de Estudos Avanzados de Santiago...

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

Santiago anuncia a reapertura do parque de Bonaval tras o derrube

O Goberno local de Santiago anunciou a reapertura do parque de Bonaval, tras tres...