InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOCientíficos da USC lanzan un manifesto contra a "macrocelulosa" de Altri

Científicos da USC lanzan un manifesto contra a “macrocelulosa” de Altri

Os científicos destacan o grave impacto ambiental e a emisión de contaminantes atmosféricos.

Publicado o

Xornal de Compostela

Científicos dos departamentos de Botánica, Bioloxía e Zooloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) lanzaron un manifesto para visibilizar o “malestar e a desconformidade” de parte da comunidade científica coa “macrocelulosa” que Altri quere instalar no municipio lucense de Palas de Rei.

Ente os motivos que argumentan para xustificar a súa postura, expoñen a “deterioración dos ecosistemas e da biodiversidade”. Para os investigadores da USC, a expansión das plantacións de eucalipto para abastecer a fábrica “aumentará a competencia pola terra, posiblemente desprazando a especies autóctonas e afectando os hábitats naturais”. “O eucalipto, como calquera monocultivo, reduce drasticamente a diversidade biolóxica. Ademais, terá un impacto máis aló da propia plantación, xa que se reducirá a conectividade entre zonas de alto interese para a biodiversidade”, expoñen.

Doutra banda, cuestionan a instalación debido á “elevada sensibilidade ambiental” da zona proposta, así como o “grave impacto” no río Ulla que, apuntan, “sufrirá unha extracción diaria de 46.000 metros cúbicos de auga e recibirá 30.000 metros cúbicos de residuos tratados”. Así mesmo, afirman que a factoría emitirá diversos contaminantes atmosféricos, “incluídos óxidos de xofre e nitróxeno, principais responsables da choiva aceda, en cantidades moi importantes, monóxido de carbono, dióxido de carbono e material particulado”. Estes contaminantes, aseguran, “non só afectarán á calidade do aire local”, senón que “tamén o farán á biodiversidade como consecuencia da choiva aceda e poden ter efectos máis amplos no clima e na saúde pública.

Por todo iso, as persoas da comunidade universitaria e dos institutos de investigación oponse ao proxecto da instalación de “unha nova macrocelulosa en Galicia”. Os Departamentos, Xuntas de Facultade ou Centro de Investigación que aproben a súa adhesión poderán comunicala na dirección altri.non@grupos.nube.usc.gal. Para iso, deben enviar o manifesto asinado polo órgano de goberno correspondente ou, alternativamente, poden comunicar a súa adhesión desde a conta institucional do mesmo.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

Santiago mantén a vixilancia sobre o vertido de Tordoia malia o freo do seu avance

O vertido de purín provocado pola rotura dunha balsa nunha explotación gandeira de Tordoia...