InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA USC busca garantir a seguridade da Facultade de Xeografía e Historia...

A USC busca garantir a seguridade da Facultade de Xeografía e Historia tras danos na biblioteca

Un plan urxente contempla o traslado de libros e unha reforma integral de 6,78 millóns de euros

Publicado o

Xornal de Compostela

O xerente da Universidade de Santiago, Javier Ferreira, e o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Marco Virgilio García Quintela, mantiveron esta mañá unha xuntanza co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, na procura de desenvolver un plan que permita garantir canto antes a seguridade do edificio logo dos danos atopados na cara superior do forxado do baixo cuberta, na zona de depósito de libros sobre a sala de lectura principal da biblioteca. De forma inmediata, aínda que provisional, é preciso proceder ao traslado dos fondos bibliográficos aí aloxados.

Como se puxo de manifesto na xuntanza, trátase dunha intervención urxente que debe implicar como primeiro paso a descarga de peso para reducir o volume de libros almacenados así como o cambio de dirección dos andeis de acordo cun informe técnico elaborado recentemente para avaliar a situación dada a gravidade.

Esta actuación sería a primeira fase dunha intervención integral no conxunto da biblioteca, orzamentada en 6,78 millóns de euros, que garantiría a seguridade estrutural así como a mellora do comportamento enerxético destes espazos e a racionalidade de uso das estancias.

A xuntanza súmase ao chamamento realizado dende a USC a todas as institucións do Consorcio de Santiago de Compostela —Concello de Santiago, Xunta de Galicia e Goberno de España—, autor do Plan Director da Facultade que contempla a necesidade de acometer unha profunda reforma do edificio, afectado non só polo paso do tempo senón tamén por deficiencias estruturais que afectan a seguridade e a habitabilidade do edificio.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda comeza a desmontarse no Obradoiro

A acampada pola vivenda de Santiago de Compostela iniciou a recollida e reorganización do...

Denuncian no Obradoiro que a Policía acurralou e golpeou manifestantes tras a marcha do 11N

Unha trintena de persoas concentrouse este sábado na praza do Obradoiro, en Santiago de...

Feijóo promete en Santiago que “non volverá haber corrupción” se goberna o PP en España

Alberto Núñez Feijóo comprometeuse este sábado no Multiusos Fontes do Sar a impulsar a construción...

O PSdeG apela ao voto útil nun encontro con cargos públicos da comarca de Santiago

Os candidatos socialistas Sindo Guinarte e Ana Alvite reuníronse este sábado con cargos públicos...

A folga xeral deixa seis voos cancelados no aeroporto de Santiago

O aeroporto de Santiago de Compostela rexistrou seis cancelacións de voos este mércores na...

O Consorcio de Santiago adxudica por máis de 82.000 euros a restauración do Arco de Mazarelos

O Consorcio de Santiago adxudicou por 82.382,42 euros, IVE incluído, os traballos de restauración...

Un libro percorre 31 cúpulas de Santiago para descubrir o patrimonio arquitectónico menos visible da cidade

Santiago de Compostela conta cun patrimonio arquitectónico que vai máis alá das fachadas e...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here