InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOUnha nova investigación descifra a 'Odisea' agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

O profesor da USC Francisco Prado-Vilar propón interpretar a Columna de Ulises como unha reelaboración cristiá da viaxe do heroe grego ligada á experiencia dos peregrinos medievais

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón unha lectura renovada da chamada Columna de Ulises da Catedral de Santiago, unha peza románica procedente da antiga Porta Francíxena. O estudo interpreta os seus relevos como unha reelaboración cristiá da ‘Odisea’, na que a viaxe de Ulises se relacionaría coa experiencia espiritual dos peregrinos que chegaban a Compostela.

Entre as principais novidades destaca a identificación dunha posible escena de Circe no rexistro superior da columna, ademais dunha nova análise do episodio das sereas. A investigación complétase cun xemelgo dixital da peza e cun vídeo-ensaio que permite seguir virtualmente o percorrido helicoidal dos relevos e explorar a obra desde novos puntos de vista.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here