InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

As incorporacións realízanse ao abeiro dunha liña de axudas da Deputación da Coruña e contan cun orzamento de máis de 110.000 euros

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para reforzar diferentes servizos municipais vinculados ao mantemento de espazos públicos, a conservación de zonas verdes e a limpeza de pintadas. As contratacións realízanse ao abeiro do programa de axudas da Deputación da Coruña para a contratación de persoal destinado á execución de obras e servizos municipais.

En concreto, o persoal contratado está formado por tres peóns, tres albaneis e tres tractoristas. Os peóns e albaneis incorporaranse aos programas de mellora das zonas verdes do Bosque do Banquete de Conxo e do Berce de Sar, así como ao servizo municipal de limpeza de pintadas en elementos de carpintería. Pola súa banda, os tractoristas pasarán a reforzar a Brigada de Vías e Obras.

O investimento previsto para estas contratacións supera os 110.000 euros. Desa contía, 75.000 euros proceden da subvención concedida pola Deputación da Coruña, mentres que os 35.000 euros restantes serán achegados con fondos propios do Concello de Santiago.

Segundo a información municipal, estas incorporacións permitirán dar continuidade ás actuacións de mellora e mantemento no Banquete de Conxo e no Berce de Sar, dous espazos que xa foran recuperados para o uso veciñal mediante cadanseu obradoiro de emprego. Co novo persoal contratado a través das subvencións do PEL da Deputación, o departamento de Emprego continuará a desenvolver pequenos traballos de acondicionamento nestas zonas verdes.

O reforzo tamén afectará ao servizo gratuíto de eliminación e limpeza de pintadas en elementos de carpintería, unha prestación coa que o Concello busca facilitar aos propietarios e propietarias de inmobles o cumprimento da súa obriga de manter os bens en condicións adecuadas. As persoas interesadas en solicitar este servizo poden facelo a través da sede electrónica municipal.

Para resolver dúbidas ou realizar consultas sobre este servizo, o Concello habilita o enderezo de correo electrónico limpezapintadas@santiagodecompostela.gal.

A incorporación dos tres tractoristas permitirá, ademais, reforzar os traballos da Brigada de Vías e Obras, encargada de actuacións de mantemento e apoio en distintos puntos do termo municipal.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here