InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOUn estudo do CSIC localiza as canteiras orixinais en Portugal da pedra...

Un estudo do CSIC localiza as canteiras orixinais en Portugal da pedra do Hostal dos Reis Católicos

O investigador David Martín Freire-Lista reconstrúe a viaxe marítima e fluvial que realizou a calcaria desde o municipio de Cantanhede ata a capital.

Publicado o

Xornal de Compostela

Un estudo do investigador do IGMECSIC David Martín Freire-Lista, localizou as canteiras orixinais da pedra de Ançã, coñecida como a “pedra branca de Coimbra”, utilizada na construción do Hostal dos Reis Católicos de Santiago. Tal e como trasladou o CSIC nunha nota de prensa, o xeólogo, xunto a Fernando Figueiredo e Maria Helena Henriques, percorreron o rastro das canteiras e a rede de camiños que a levaron ata a capital.

Así, o estudo expón que no subsolo do municipio de Cantanhede, a unhas leguas de Coimbra, atopábase unha calcaria xurásica, formada en mares antigos, onde as augas quietas permitiron que os lodos máis finos se depositasen. Co paso dos milenios, aquela materia compactouse ata adquirir unha estrutura “homoxénea, porosa e suave ao traballo”. Nas canteiras de Ançã, Portunhos, Pena, Vila Nova ou Fornos, os canteiros arrincaban os bloques a golpe de ferramenta.

Posteriormente, cada sillar iniciaba unha viaxe en carro ata os puntos de embarque, dos que partía en barcas por canles e ríos, seguindo o curso do Mondego ata alcanzar o mar. Desta forma chegaban á ría de Arousa, desde onde pequenas embarcacións remontaban o río Ulla ata o porto fluvial de Padrón. Desde ese punto, os bloques continuaban por terra, avanzando ata a cidade onde os Reis Católicos ordenaran levantar un hospital en pedra.

Entre 1501 e 1511, baixo a dirección de Enrique e Antón Egas, erixiuse o Hospital Real, símbolo do Renacemento e da presenza da Coroa en Santiago. A pedra de Ançã foi utilizada para crear os alicerces calados do cruceiro do edificio.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

A Semana do Patrimonio Invisible abrirá o Convento do Carme e As Orfas entre máis de 700 prazas en Compostela

Santiago de Compostela volverá abrir durante unha semana algunhas das portas que habitualmente permanecen...

O Concello limpa a Rocha Forte e prepara un contrato plurianual para o mantemento do xacemento

O Concello de Santiago completou este verán unha nova actuación de roza, limpeza e...