InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOUCIN denuncia o estado de degradación do río Sar ao seu paso...

UCIN denuncia o estado de degradación do río Sar ao seu paso por Ames e ameaza con acudir á UE

UCIN Galicia alerta do incumprimento da normativa europea de augas e esixe un plan integral de recuperación ecolóxica do río

Publicado o

Xornal de Compostela

O partido UCIN Galicia fixo pública este mércores unha denuncia formal sobre o estado ambiental do río Sar no seu tramo polo municipio de Ames, reclamando unha intervención inmediata por parte das administracións competentes. A formación advirte de que a situación actual do río podería constituír un incumprimento da Directiva Marco da Auga da Unión Europea (2000/60/CE), normativa de obrigado cumprimento para todos os estados membros.

Segundo UCIN Galicia, o río presenta tramos que aparentan unha mellora superficial, mais que en conxunto continúa a mostrar unha degradación sostida que compromete o ecosistema fluvial, a biodiversidade e as condicións de vida da fauna local, entre a que se atopan diversas especies de aves acuáticas.Xunta

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, foi directo na súa valoración sobre o fondo do problema: “É inadmisible que en pleno cumprimento da Directiva Marco da Auga da UE sigamos a ver ríos como o Sar nun estado que evidencia abandono e falta de control efectivo. Non falamos só de xestión deficiente, falamos de posibles incumprimentos dunha normativa europea de obrigado cumprimento”.

CRÍTICAS Á XUNTA E ESIXENCIAS CONCRETAS

A organización apunta directamente ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, responsabilizándoo da ausencia de respostas estruturais ante o que consideran un problema reiterado e insuficientemente atendido. “Non abonda con intervencións puntuais nin con actuacións estéticas. O que precisa o río Sar é un plan integral, continuado e fiscalizable”, subliñou Calo.

Entre as medidas que UCIN Galicia reclama de forma inmediata figuran a aplicación estrita da Directiva Marco da Auga, a elaboración dun plan urxente de recuperación ecolóxica do Sar, o establecemento dun control permanente de vertidos con inspección real e efectiva, así como a depuración de responsabilidades tanto políticas como administrativas.

Por último, a formación advertiu que, de non producirse unha reacción por parte das institucións competentes, non descarta trasladar o caso a instancias europeas. Calo insistiu en que “a protección dos ríos é unha obriga legal, non unha opción política”, e que a UE require ríos en bo estado ecolóxico, non documentos sen aplicar.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here