InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Concello remite á Xunta a decisión sobre as gárgolas do Hostal...

O Concello remite á Xunta a decisión sobre as gárgolas do Hostal dos Reis Católicos

Míriam Louzao sinala que a intervención depende da Dirección Xeral de Patrimonio ao tratarse dun BIC

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago asegurou que non ten competencias directas para actuar sobre a polémica xerada polas gárgolas do Hostal dos Reis Católicos, tras a recente intervención realizada na fachada do edificio.

A concelleira Míriam Louzao explicou que o inmoble está declarado Ben de Interese Cultural (BIC), polo que calquera actuación depende da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, órgano encargado de autorizar e supervisar este tipo de intervencións.

Segundo indicou, o informe emitido por Patrimonio en decembro de 2022 xa recollía a obriga de que a promotora —a empresa pública Paradores— presentase un proxecto de restauración específico, no que se incluían as gárgolas.

Louzao confirmou que o Concello solicitou información á Xunta para comprobar se ese proxecto foi finalmente presentado e en que termos. “Queremos saber se efectivamente se entregou e que recolle”, sinalou.

A nivel estético, a concelleira recoñeceu que a solución adoptada “non parece a máis acaída”, en liña co expresado previamente pola alcaldesa, aínda que insistiu en que se trata dunha valoración persoal sen efectos administrativos.

Neste contexto, indicou que a Dirección Xeral de Patrimonio está a analizar a intervención e que o Concello actuará en función do que determine este organismo, ao ser a autoridade competente en materia patrimonial.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here