InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA Deputación da Coruña e a USC colaborarán na exhumación e identificación...

A Deputación da Coruña e a USC colaborarán na exhumación e identificación de vítimas do franquismo

O convenio, dotado con 150.000 euros, permitirá actuar nas fosas de Serantes, Boisaca e Beira a través do grupo de investigación Histagra.

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor en funcións da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, formalizaron este luns a firma dun convenio para o desenvolvemento dun programa de actuacións en materia de memoria democrática na provincia. O acordo, financiado con 150.000 euros polo organismo provincial, permitirá investigar, exhumar e identificar vítimas da represión franquista en tres enclaves: as fosas de Serantes, en Ferrol; Boisaca, en Santiago de Compostela, e Beira, en Carral.

A execución técnica dos traballos será responsabilidade do grupo de investigación Histagra, da USC, “con máis de dúas décadas de experiencia no estudo da violencia golpista en Galicia” e coordinador do proxecto ‘Nomes e Voces’. O convenio articúlase ao redor dunha metodoloxía científica que combinará investigación histórica e documental co traballo arqueolóxico sobre o terreo e a análise forense dos restos localizados. Este proceso, segundo a institución provincial, permitirá non só localizar e recuperar os restos das vítimas senón tamén avanzar na súa identificación.

Na firma, o presidente provincial, Valentín González Formoso, destacou a importancia destas actuacións para preservar a memoria democrática. “Os valores democráticos hai que preservalos e coñecelos”, sentenciou en relación a un proxecto que permitirá non só as exhumacións en si senón facer un labor divulgativo. “Coñecer o aspecto emocional das familias é fundamental”, dixo ao aludir a un documental sobre os traballos de exhumación e a reacción das familias. “Que as xeracións futuras saiban o que houbo que loitar para que podamos despregar ideoloxicamente calquera opción con total liberdade”, recalcou.

Á súa vez, o reitor en funcións da USC incidiu en que se busca que as novas xeracións “sexan conscientes do que pasou”. “É dar luz a todos estes anos de escuridade”, engadiu para destacar o que supón para as familias e a reacción que xera neles ao poder recuperar os restos mortais dos seus achegados. O acto serviu de despedida por parte de Formoso ao reitor en funcións da USC. “Un colaborador nato”, destacou Formoso. “Fixo mellor unha universidade que é de toda a provincia”, remarcou. Mentres, o reitor en funcións subliñou a colaboración entre ambas as institucións e o apoio do organismo provincial para o desenvolvemento de actividades por parte da universidade.

ÚLTIMAS

Rueda ve a Borja Verea como “un magnífico candidato” para Santiago, pero evita confirmalo

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou...

O Concello de Santiago impulsa a rehabilitación de cinco edificios na rúa da Caramoniña para crear nove vivendas públicas

O Concello de Santiago aprobou hoxe na Xunta de Goberno Local celebrada este luns...

O PSOE critica o aumento do período medio de pago a provedores no Concello de Santiago

A concelleira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago, Marta Abal, cuestionou a...

O Compos vence ante o Alondras (3-0) no Vero Boquete e rompe a mala xeira de resultados

A SD Compostela regresou á senda da vitoria no estadio Verónica Boquete de San...

O PSOE denuncia o “deixamento” do Goberno local co patrimonio escultórico de Santiago e pide actuar no conxunto de Leopoldo Nóvoa en Bonaval

A concelleira do Grupo Municipal Socialista de Santiago Marta Abal denunciou o que cualificou...

A migración forzada por factores ambientais, a debate en Santiago o martes 17 de marzo

O vindeiro martes 17 de febreiro celebrarase no Centro de Estudos Avanzados de Santiago...

Santiago anuncia a reapertura do parque de Bonaval tras o derrube

O Goberno local de Santiago anunciou a reapertura do parque de Bonaval, tras tres...