InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO PSOE denuncia o “deixamento” do Goberno local co patrimonio escultórico de...

O PSOE denuncia o “deixamento” do Goberno local co patrimonio escultórico de Santiago e pide actuar no conxunto de Leopoldo Nóvoa en Bonaval

Os socialistas anuncian que reclamarán no pleno a restauración da obra e un plan de conservación das esculturas públicas da cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Grupo Municipal Socialista de Santiago Marta Abal denunciou o que cualificou como un “deixamento” do Goberno local no coidado do patrimonio escultórico da cidade e reclamou que se adopten medidas urxentes para garantir a súa conservación e posta en valor.

Segundo explicou o PSdeG nun comunicado, Abal sinalou como exemplo desta situación o conxunto escultórico de Leopoldo Nóvoa situado en Bonaval, que —segundo indicou— permanece desde hai tempo con pintadas e sen que se acometese a súa limpeza. A edil socialista considerou que esta situación é “impropia dunha cidade que presume de patrimonio e de cultura” e criticou que o Executivo municipal non adoptase medidas para a súa recuperación.

A concelleira advertiu ademais de que non se trata dun caso illado, e lembrou que o seu grupo xa denunciara anteriormente o estado doutra obra do espazo público compostelán, a escultura ‘Maternidade’, de Buciños. Segundo indicou, esta peza non foi reposta ata febreiro deste ano despois de reiteradas reclamacións por parte da oposición.

Neste sentido, Abal sostivo que estes episodios evidencian “un patrón preocupante de abandono, deixamento e ausencia de actuación” respecto de elementos que forman parte da memoria urbana e do patrimonio artístico de Santiago de Compostela.

Ante esta situación, o Grupo Municipal Socialista anunciou que formulará unha iniciativa no próximo pleno municipal para reclamar a restauración inmediata do conxunto escultórico de Leopoldo Nóvoa en Bonaval. Ademais, solicitará ao Goberno local un compromiso efectivo co mantemento, conservación e posta en valor das esculturas públicas da cidade, co obxectivo de evitar que se repitan episodios semellantes no futuro.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...