InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOSae á venda a segunda edición actualizada da guía 'Gárgolas de Compostela'

Sae á venda a segunda edición actualizada da guía ‘Gárgolas de Compostela’

O libro incorpora novas observacións iconográficas, datos históricos ampliados e melloras técnicas na impresión e nas fotografías

Publicado o

Xornal de Compostela

A guía Gárgolas de Compostela conta xa cunha segunda edición, despois de esgotarse a primeira tiraxe desta publicación dedicada ás figuras escultóricas que coroan algúns dos edificios máis emblemáticos da capital galega. O volume, con textos de Benxamín Vázquez e fotografías de Xaime Cortizo, mantén a súa edición trilingüe en galego, español e inglés, e incorpora agora contidos revisados e ampliados, ademais dunha mellora na calidade da impresión e na nitidez das imaxes.

Entre as novidades desta reedición inclúese unha identificación máis precisa das gárgolas fronte ás quimeras ou falsas gárgolas, figuras decorativas que carecen de canle ou orificio para a evacuación da auga. O libro explica que, na maior parte dos edificios monumentais de Compostela, estas pezas foron esculpidas directamente a partir de grandes bloques de pedra, quedando integradas na propia cornixa e non engadidas posteriormente.

A publicación revisa tamén a interpretación da que se considera a gárgola máis antiga da cidade, situada nun recanto da Casa Gótica, identificada como a representación dun rapaz deforme e malpocado, de trazos asiáticos, que na actualidade sería diagnosticado con síndrome de Down e que, segundo o estudo, naquela época sería ocultado socialmente.

No ámbito simbólico, a segunda edición mantén a lectura da aguia como figura asociada á renovación e á clarividencia divina, aínda que puntualiza que, nas gárgolas do Renacemento compostelán, esta aparece con rostro humano e sen peteiro ganchudo, co obxectivo de eliminar a ambivalencia negativa propia das aves rapaces como depredadoras.

O libro detense tamén no significado do moucho, tallado no século XVIII no beiril de San Martiño Pinario, que pode interpretarse tanto como símbolo de luz e sabedoría como presaxio da morte. Neste contexto recóllese a cita de Rosalía de Castro sobre os “berros do triste moucho [e] as campaniñas que dobran”, entendida como unha evocación dun sentimento universal aínda presente no imaxinario colectivo. A obra incorpora como exemplo contemporáneo a longametraxe Los asesinos de la luna (2023), de Martin Scorsese, na que esta ave aparece asociada ao anuncio da morte.

Outra das revisións afecta ás dúas figuras aladas que acompañan o crocodilo-gárgola situado sobre o arco da coñecida como ‘Borriquita de Belém’, reinterpretadas nesta edición como sereas fluviais con colares no peito, e non como anxos, tal e como se recollía anteriormente.

A guía informa tamén de que as gárgolas do pazo modernista do Espiño non son visibles na actualidade, ao permanecer o edificio valado por obras de rehabilitación paralizadas. Ademais, engádense novos títulos no apartado de Suxestións bibliográficas e inclúese na solapa da contracapa unha breve escolma de opinións publicadas na prensa sobre o libro.

ÚLTIMAS

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

O PP pide acelerar o novo transporte urbano e esixe manter a gratuidade para maiores de 65 anos

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reclamou ao goberno municipal que...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

A Semana do Patrimonio Invisible abrirá o Convento do Carme e As Orfas entre máis de 700 prazas en Compostela

Santiago de Compostela volverá abrir durante unha semana algunhas das portas que habitualmente permanecen...

O Concello limpa a Rocha Forte e prepara un contrato plurianual para o mantemento do xacemento

O Concello de Santiago completou este verán unha nova actuación de roza, limpeza e...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here