InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Ateneo de Santiago analiza a fame da posguerra franquista nunha conferencia...

O Ateneo de Santiago analiza a fame da posguerra franquista nunha conferencia de Miguel Ángel del Arco

O historiador abordará nos Luns do Ateneo os mecanismos de silencio arredor da fame durante o franquismo, acompañado por Ramón Villares

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ateneo de Santiago, en colaboración co Grupo Histagra da Universidade de Santiago de Compostela, organiza este luns 9, ás 19:30, unha nova sesión dos Luns do Ateneo coa conferencia titulada ‘A fame silenciada do franquismo’. O acto terá lugar na sede de Afundación, situada na Rúa do Vilar, 19, e poderá seguirse tamén en directo a través da web www.ateneodesantiago.gal e da canle de YouTube da entidade.

A conferencia será impartida por Miguel Ángel del Arco, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Granada, quen estará acompañado por Ramón Villares, catedrático da mesma disciplina na Universidade de Santiago de Compostela. A sesión enmárcase na programación regular do Ateneo dedicada á reflexión e ao debate público arredor da cultura e a sociedade.

A charla propón unha análise da fame como unha das consecuencias máis graves da posguerra franquista, así como dos factores políticos, sociais e simbólicos que contribuíron a ocultar esta realidade durante décadas. A partir da investigación histórica e do diálogo coa memoria colectiva, abordarase a relación entre represión, escaseza material e control social no contexto do réxime franquista.

Miguel Ángel del Arco é un dos principais especialistas no estudo da Guerra Civil, a posguerra e o fascismo en España. As súas investigacións céntranse, entre outros ámbitos, nas actitudes políticas da poboación, a represión, a memoria histórica e a fame durante o franquismo. Entre as súas publicacións máis destacadas atópanse Los años del hambre. Historia y memoria de la posguerra franquista (Marcial Pons, 2020), Cruces de memoria y olvido (Crítica, 2022) e La hambruna española (Crítica, 2025).

ÚLTIMAS

Rafael Louzán e Luís de la Fuente ofrecerán a Copa do Mundo ao Apóstolo Santiago este xoves

Compostela acollerá mañá xoves unha serie de actos arredor da Copa do Mundo de...

Unha vaga de falsas ameazas de bomba obriga a desaloxar tres institutos de Santiago e centros da comarca

Tres institutos de Santiago de Compostela tiveron que activar este mércores os seus protocolos...

Santiago acenderá o Nadal o 1 de decembro cunha festa participativa no Obradoiro e máis dun mes de actividades

O Concello de Santiago de Compostela presentou este mércores un avance da programación de...

A folga xeral deixa seis voos cancelados no aeroporto de Santiago

O aeroporto de Santiago de Compostela rexistrou seis cancelacións de voos este mércores na...

O Consorcio de Santiago adxudica por máis de 82.000 euros a restauración do Arco de Mazarelos

O Consorcio de Santiago adxudicou por 82.382,42 euros, IVE incluído, os traballos de restauración...

Un libro percorre 31 cúpulas de Santiago para descubrir o patrimonio arquitectónico menos visible da cidade

Santiago de Compostela conta cun patrimonio arquitectónico que vai máis alá das fachadas e...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here