InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOOs socialistas piden ao Goberno local a reposición da escultura ‘Maternidade’ e...

Os socialistas piden ao Goberno local a reposición da escultura ‘Maternidade’ e da placa histórica de Área Central en Fontiñas

A concelleira socialista Marta Abal reclama información sobre o estado da obra de Manuel García Vázquez "Buciños" e a recuperación de dous elementos da memoria urbana do barrio compostelán

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago trasladou esta mañá a súa preocupación pola ausencia de dous elementos que considera relevantes para a memoria urbana do barrio das Fontiñas. A concelleira Marta Abal fixo pública esta demanda a partir das queixas recibidas por parte de veciñanza e colectivos da zona.

Segundo explicou Abal, un dos elementos pendentes de reposición é a escultura ‘Maternidade’, realizada en 1975 polo escultor galego Manuel García Vázquez, “Buciños”. Trátase dunha peza en bronce de carácter alegórico que foi retirada do espazo público para a súa rehabilitación, pero que, segundo indicou a edil, continúa sen ser reinstalada e sen que se facilitase información pública sobre o seu estado actual. Dende o PSdeG sinalan que a obra forma parte da identidade visual e simbólica do barrio.

A segunda reclamación refírese á desaparición da placa conmemorativa situada no monólito de Área Central nas Fontiñas, que lembraba a inauguración deste espazo urbano. Para o grupo socialista, a ausencia deste elemento supón tamén unha perda desde o punto de vista da conservación da memoria colectiva da cidade.

A concelleira defendeu que “importa coidar o patrimonio e a memoria colectiva” e subliñou que non se trata de actuacións de gran custo económico, senón de manter en bo estado elementos que forman parte da historia recente de Santiago. Neste sentido, o PSdeG solicitou ao Goberno municipal que preside Goretti Sanmartín a reposición inmediata da escultura de Buciños e a recuperación da placa da área central, co obxectivo de restituír ambos símbolos ao espazo público das Fontiñas.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here