InicioCULTURAUn audiovisual reconstrúe por primeira vez en 3D a fachada orixinal do...

Un audiovisual reconstrúe por primeira vez en 3D a fachada orixinal do Pórtico da Gloria

A peza recompón as esculturas dispersas, recupera a policromía orixinal e devolve o deseño ideado polo Mestre Mateo

Publicado o

Xornal de Compostela

Un audiovisual expón por primeira vez en 3D a fachada orixinal do Pórtico da Gloria. Trátase dunha peza de 16 minutos que presenta unha ensamblaxe de “todas as súas esculturas dispersas, restauradas ás súas localizacións orixinais”. Isto foi posible, tal e como sinalou a Universidade de Santiago de Compostela este xoves, grazas a un traballo que “combina a investigación histórico-artística máis avanzada coas últimas tecnoloxías en virtualización do patrimonio”.

En concreto, a realización débese ao proxecto ‘KosmoTech_1200’, da USC e o Cispac, que levaron a cabo a reconstrución do coro do Mestre Mateo, e da colaboración da Fundación Catedral de Santiago e o Consello Galego de Cultura. A peza recupera a policromía orixinal das esculturas, baseándose en estudos de pigmentos e motivos decorativos da primeira policromía do Pórtico. Para iso, os promotores apoiáronse nunha documentación comparativa que “ofrece unha lectura iconográfica da composición e o movemento das vestimentas, así como do simbolismo das esculturas de Ezequiel e Jeremías, deseñadas polo Mestre Mateo.

VIRTUALIZACIÓN

Detrás da realización están Francisco Prado-Vilar, que se responsable da dirección científica, e Alexandre González Rivas, encargado da virtualización e restauración dixital. Con este traballo, Prado-Vilar defende que o equipo conseguiu que cada unha das obras “se poida admirar na peza documental”. Incidiu, ademais, que esta realización foi obxecto dun “rigoroso e laborioso proceso de restauración dixital que combina fotogrametría de alta resolución, escultura 3D para a anastilosis dos fragmentos perdidos”.

“Este procedemento permite apreciar a extraordinaria sofisticación do deseño dos panos, cuxos pregues foron concibidos para respostar as correntes de aire do nártex onde orixinalmente se situaban as esculturas”, engadiu. Doutra banda, destacou que tamén se aprecian de forma inédita outras obras mestras do Pórtico, como as Testemuñas da Apocalipse, Enoc e Elías; a estatua-columna descuberta en 2016 que “seguramente” representa ao profeta Zacarías; ou a extraordinaria efixie de ‘Santiago miles Christi’, a primeira representación monumental do apóstolo Santiago como cabaleiro.

DESTAQUES

Así mesmo, o experto destacou a restauración dixital da escultura do Rei Salomón, unha intervención centrada na recuperación da cabeza orixinal, substituída por unha prótese de pedra posterior que altera “significativamente” a coherencia formal e expresiva da figura. Do mesmo xeito, resaltou que recuperaron elementos estruturais da fachada mediante modelos fotogramétricos. Entre eles, os autores destacan o arco principal, reconstruído “integramente” a partir das dovelas conservadas.

“Estas pezas (…) permiten comprender a magnitude dunha entrada que superaba os sete metros de luz, unha das grandes proezas técnicas e visuais do Pórtico”, sinalou Prado-Vilar. Finalmente, os expertos lembran que se levou a cabo a restauración dixital do único rosetón conservado, dunha das entradas laterais. A reconstrución das súas partes perdidas e a súa policromía serviron como modelo para a visualización do gran rosetón central, hoxe desaparecido, pero famoso na súa época e coñecido nas fontes como o “grande espello”.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

A migración forzada por factores ambientais, a debate en Santiago o martes 17 de marzo

O vindeiro martes 17 de febreiro celebrarase no Centro de Estudos Avanzados de Santiago...

Santiago anuncia a reapertura do parque de Bonaval tras o derrube

O Goberno local de Santiago anunciou a reapertura do parque de Bonaval, tras tres...

O Goberno aproba a prórroga do Plan de Sustentabilidade Turística de Santiago para completar as actuacións previstas

O Consello de Ministros aprobou a modificación e prórroga de oito convenios correspondentes á...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here