InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOAberta ao público a sala coa restitución das esculturas mateanas no Museo...

Aberta ao público a sala coa restitución das esculturas mateanas no Museo do Pobo Galego

Sanmartín vincula a chegada das pezas ao Pobo Galego coa loita colectiva contra o espolio franquista

Publicado o

Xornal de Compostela

A sala da Ala Sur do Museo do Pobo Galego abriu este xoves as súas portas para incorporar, por primeira vez ao acceso público, as dúas esculturas do Mestre Mateo recuperadas do pazo de Meirás o pasado 1 de decembro: Ezequiel e Xeremías. O acto institucional, que congregou unha ampla representación institucional e numeroso público compostelán, foi presidido pola alcaldesa Goretti Sanmartín, quen subliñou que esta restitución marca “o inicio doutras moitas historias de recuperación do patrimonio espoliado polo franquismo”.

As pezas, depositadas no museo ata o mes de maio, exhíbense nun espazo que inclúe unha liña do tempo sobre o seu percorrido histórico, así como un audiovisual do proxecto KosmoTech_1200, coordinado pola USC e o CISPAC, centrado na reconstrución do coro do Mestre Mateo e do antigo nártex do Pórtico da Gloria, escenario orixinal destas esculturas. A sala complétase cunha folla informativa con códigos QR que permiten acceder a materiais sobre o proceso creativo mateano, a traxectoria das pezas e o seu regreso a Santiago.

Sanmartín definiu a devolución das esculturas como “un triunfo colectivo”, agradecendo o papel desempeñado nos últimos anos por profesionais do dereito, persoal técnico e arquiveiro, especialistas en historia e documentación, asociacións da memoria e as corporacións municipais que acompañaron o proceso. A rexedora estableceu un nexo entre a recuperación das esculturas e a defensa do pazo de Meirás como ben de interese cultural, lembrando que ambas reivindicacións avanzaron en paralelo desde Santiago e Sada.

A alcaldesa destacou que a reposición das pezas ao patrimonio municipal se inscribe nun mesmo relato de defensa do legado común fronte ao espolio do franquismo. “O triunfo é que estas estatuas volvan ao seu lexítimo propietario, o Concello de Santiago, todas e todos nós”, dixo, subliñando que regresan ao lugar do que foron retiradas “para adornar a residencia de verán” da familia Franco.

MEMORIA, DEREITOS E PATRIMONIO

A dirixente compostelá dedicou tamén a restitución ás persoas que sufriron a represión franquista, referíndose tanto ás vítimas directas como ás quen padeceron exilio, cárcere, medo ou perda de bens. Segundo afirmou, a recuperación das esculturas insírese nun exercicio de defensa da liberdade e dos dereitos conquistados, así como de reconstrución da historia colectiva: “Restituír o que era noso forma parte tamén de recuperar, en certa medida, a nosa historia”.

No acto participaron representantes da Xunta de Galicia, Delegación do Goberno, Parlamento de Galicia, Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago, Deputacións da Coruña e Lugo, Museo de Pontevedra, Museo da Catedral, así como integrantes das tres corporacións compostelás que impulsaron o proceso. Tamén asistiron colectivos sociais, asociacións culturais e veciñais e numerosas persoas que quixeron testemuñar este momento considerado histórico para Compostela e para Galicia.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here