InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIONon hai Roma sen Santiago, nin Santiago sen Roma: unha pequena biografía...

Non hai Roma sen Santiago, nin Santiago sen Roma: unha pequena biografía das dúas cidades

O libro 'Anos Santos en Roma e Santiago de Compostela desde a Idade Media' describe as transformacións das dúas urbes

Publicado o

Xornal de Compostela

Dúas “pequenas biografías” sobre o desenvolvemento de Santiago e Roma durante os Anos Santos compoñen o libro ‘Anos Santos en Roma e Santiago de Compostela desde a Idade Media’, presentado este martes na capital compostelá. A obra realizada polo Instituto de Estudos Galegos Paiu Sarmiento (IEGPS) explora as relacións seculares de “imitación-superación” das dúas cidades que, segundo o seu autor, Antón M. Pazos, acaban “competindo” por protagonismo na Cristiandade.

“Hai unha relación moi estreita entre Santiago e Roma porque están a competir, unha con outra, dalgunha maneira. Santiago quere ser unha Roma deste lado do Occidente”, subliñou o autor e científico vinculado ad honórem ao Consello Superior de Investigacións Científicas en Galicia (CSIC). Así as cousas, o autor chanceou que “Santiago é unha cidade claramente gañadora” da disputa, aínda que a capital galega e Roma non “xoguen na mesma liga”. “Abonda con que eu diga: ‘Veño de Santiago de Compostela’, e xa está”, sinalou. Por iso, Pazos recalcou que a xente que el coñece adoita dividirse en dous grupos: os que estiveron en Santiago e os que aínda queren coñecela: “Santiago é gañadora, clarísimamente”.

O ESPELLO DE ROMA

Pero a verdade, segundo Pazos, é que hai unha certa miraxe de Santiago fronte a Roma. “É dicir, Santiago mírase no espello de Roma e quere, dalgunha maneira, imitala”, matizou. Nesta liña, o autor explicou que este foi a formulación feita por el e máis expertos para, dalgún modo, analizar esas estreitas relacións entre Roma e Santiago, e a importancia que teñen os Anos Santos para a vida das cidades.

Así, os capítulos de ‘Anos Santos en Roma e Santiago de Compostela desde a Idade Media’ van describindo o que foron os Anos Santos e como estes eventos produciron transformacións en ambas as urbes. “Neses Anos Santos houbo novas rúas, novos acueductos, novas igrexas, multitude de obras de artes que se fixeron precisamente para o Ano Santo…”, suliñou.

Ademais do autor do libro, a presentación contou coas intervencións do director do IEGPS, Pablo Otero Piñeyro Maseda; a vicedirectora do IEGPS, Amparo Rubio Martínez; e o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles Remy.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

Santiago supera por primeira vez as 2.000 bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

O Concello de Santiago concedeu 2.083 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares...

Casa 47 ofrece nove vivendas en Teo con alugueiros de entre 486 e 644 euros ao mes

Nove vivendas de Teo forman parte da nova convocatoria de alugueiro asequible de Casa...

O Consorcio de Santiago adxudica por 104.472,78 euros a reparación da Quinta dos Fuentes en Vidán

O Consorcio de Santiago adxudicou a RETECO, S.L.U. (Rehabilitaciones Técnicas y Construcciones Compostela, S.L.U.)...

A folga xeral deixa seis voos cancelados no aeroporto de Santiago

O aeroporto de Santiago de Compostela rexistrou seis cancelacións de voos este mércores na...

O Consorcio de Santiago adxudica por máis de 82.000 euros a restauración do Arco de Mazarelos

O Consorcio de Santiago adxudicou por 82.382,42 euros, IVE incluído, os traballos de restauración...

Un libro percorre 31 cúpulas de Santiago para descubrir o patrimonio arquitectónico menos visible da cidade

Santiago de Compostela conta cun patrimonio arquitectónico que vai máis alá das fachadas e...