InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOAs estatuas de Abraham e Isaac xa están de volta en Compostela

As estatuas de Abraham e Isaac xa están de volta en Compostela

O Museo do Pobo Galego acolle esta tarde a recepción oficial das esculturas do Mestre Mateo

Publicado o

Xornal de Compostela

As estatuas dos profetas Abraham e Isaac, atribuídas ao Mestre Mateo e pertencentes ao Pórtico da Gloria, están xa de volta en Santiago de Compostela. A recepción oficial celebra­se esta tarde na Ala Sur do Museo do Pobo Galego, nun acto encabezado pola alcaldesa Goretti Sanmartín. Acompañarana a tenenta de alcaldesa, María Rozas, a concelleira de Capital Cultural e Memoria Histórica, Míriam Louzao, e a presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada.

A chegada das esculturas materializa un proceso longo no que o Concello traballou para recuperar estas pezas históricas, tras seren confirmadas como de titularidade pública pola xustiza. O goberno municipal iniciara no verán os trámites para a súa recollida e para garantir a súa conservación nun espazo adecuado, primeiro de maneira provisional e máis adiante cun destino permanente cunha exposición acompañada de información contextual.

ÚLTIMAS

Confirmada a sanción de 20.000 euros a Urbaser por incumprimentos do contrato de recollida de lixo

O goberno de Santiago rexeitou o recurso de reposición interposto por Urbaser contra unha...

As Festas do Apóstolo inclúen artistas como Shego, Julian Marley, La Perra Blanco e Eris Mackenzie

Shego, Julian Marley, La Perra Blanco e Eris Mackenzie, son algúns dos artistas que...

Nova agresión a estatua de Moncho Reboiras en Santiago

A estatua de Moncho Reboiras, que o Concello de Santiago situou na rúa Carreira...

Sanmartín anuncia a recpeción das obras no Pazo de Raxoi que contará con visitas guiadas para o outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobará...

Santiago converterá as galerías entre Rosalía de Castro e a Rúa Nova de Abaixo nunha galería de arte urbana

As galerías que comunican Rosalía de Castro coa Rúa Nova de Abaixo deixarán de...

O Concello reforza a limpeza e a recollida de residuos polo Son do Camiño

O Concello de Santiago puxo en marcha un reforzo do servizo de recollida de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here