InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOAs estatuas do Pórtico da Gloria xa teñen data de volta á...

As estatuas do Pórtico da Gloria xa teñen data de volta á casa: 11 de decembro

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago confirmou hoxe, 20 de novembro, data na que se cumpren 50 anos da morte de Francisco Franco, a volta das dúas estatuas do Pórtico da Gloria que permanecían no Pazo de Meirás. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, anunciou que as pezas chegarán á cidade o 11 de decembro, día no que quedarán instaladas no Museo do Pobo Galego, institución que acollerá a súa exhibición pública.

A rexedora subliñou que o traslado non é só “a recuperación de dúas obras de arte”, senón “un acto de xustiza histórica e de dignidade colectiva”, lembrando que as esculturas “foron vítimas dun expolio e dunha apropiación indebida”. Sanmartín enmarcou o anuncio nunha xornada “magnífica para a cidade”, destacando o valor simbólico do regreso das pezas a Santiago.

Durante a súa intervención, quixo recoñecer o labor desenvolvido ao longo de anos por especialistas e institucións que impulsaron a recuperación. A alcaldesa agradeceu o traballo de “xuristas, historiadores e historiadoras, persoal da administración e representantes das corporacións municipais anteriores”, así como o compromiso “moi especial da xente activista da memoria”.

O Concello cualificou o 11 de decembro como “un día histórico para Galicia”, e o Museo do Pobo Galego abrirá as súas portas para celebrar o regreso das esculturas xunto á cidadanía. Sanmartín convidou a veciñanza a anotar a data e participar na xornada, animando a acudir para “contemplar as estatuas e facer ese exercicio de memoria histórica”.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O CIFP Compostela transformou en compost case 10 toneladas de residuos orgánicos ao longo de 2025

O CIFP Compostela transformou durante o ano 2025 un total de 9.750 quilos de...

O Museo Catedral de Santiago pecha 2025 cun novo récord de visitantes

O Museo Catedral de Santiago pechou o ano 2025 cun total de 446.518 visitantes,...

Os socialistas piden ao Goberno local a reposición da escultura ‘Maternidade’ e da placa histórica de Área Central en Fontiñas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago trasladou esta mañá a súa preocupación pola ausencia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here