InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Concello intensifica a limpeza de sumidoiros para previr inundacións en Santiago

O Concello intensifica a limpeza de sumidoiros para previr inundacións en Santiago

Sustentabilidade Ambiental reforza nas últimas semanas os traballos de retirada de follas e residuos en preto de 40 puntos do municipio para mellorar a resposta da rede de drenaxe ante a chegada das choivas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Concellería de Sustentabilidade Ambiental reforzou nas últimas semanas os labores de mantemento da rede municipal de drenaxe, cun operativo que abrangueu a limpeza de sumidoiros, reixas, colectores e outros elementos destinados á captación e evacuación da auga de choiva. A actuación centrouse, sobre todo, na retirada de follas e restos vexetais en zonas onde se producen acumulacións recorrentes.

Segundo trasladou o departamento que dirixe Xesús Domínguez, os traballos desenvolvéronse en quenda de mañá e tarde, combinando a actividade das brigadas municipais, as varredoras e o persoal das empresas concesionarias Viaqua e Urbaser. O obxectivo é asegurar que a rede manteña a súa capacidade plena de captación, reducindo así o risco de encharcamentos en superficie durante os episodios de precipitación máis intensa.

Ao longo das últimas dúas semanas realizáronse intervencións en preto de 40 puntos distribuídos por todo o termo municipal, incluíndo áreas residenciais, vías principais e outras zonas consideradas sensibles pola acumulación de follas do outono. Desde a concellería salientan que estas tarefas se activaron de maneira preventiva coincidindo co incremento da probabilidade de choivas durante o mes de outubro.

Domínguez subliñou que “a planificación anticipada e a retirada continua de material vexetal” contribúe a evitar problemas asociados á saturación da rede, ao tempo que mellora a capacidade de resposta ante precipitacións intensas. O Concello mantén operativo este plan reforzado co fin de minimizar incidencias e garantir o correcto funcionamento da drenaxe urbana durante as vindeiras semanas.

ÚLTIMAS

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Subirats reivindica en Santiago máis capacidade para os concellos ante a interconexión das crises

O profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Barcelona e exministro de Universidades...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

Santiago mantén a vixilancia sobre o vertido de Tordoia malia o freo do seu avance

O vertido de purín provocado pola rotura dunha balsa nunha explotación gandeira de Tordoia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here