InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOXerardo Estévez e Alfonso Salgado convidan a repensar Santiago no 40º aniversario...

Xerardo Estévez e Alfonso Salgado convidan a repensar Santiago no 40º aniversario do seu recoñecemento como Patrimonio Mundial

A conferencia 'Santiago de Compostela é algo máis' abrirá un debate sobre o futuro urbano e patrimonial da cidade no Ateneo de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ateneo de Santiago acollerá o vindeiro luns 10 ás 19:30, no salón de actos de Afundación (rúa do Vilar, 19) a conferencia titulada ‘Santiago de Compostela é algo máis’, impartida polos arquitectos Xerardo Estévez Fernández e Alfonso Salgado Suárez. A actividade forma parte do programa co que a entidade quere promover a reflexión sobre a cidade coincidindo co 40º aniversario da súa inclusión na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.

O encontro pretende actualizar o significado e a proxección de Santiago no contexto global, partindo da súa realidade xeográfica, arquitectónica e social. Os relatorios abordarán cuestións de fondo como o impacto do turismo, as dificultades de acceso á vivenda, a mobilidade urbana e os retos da sustentabilidade, con especial atención á preparación da cidade para o Ano Xubilar 2027.

Xerardo Estévez, arquitecto e alcalde de Santiago entre 1983 e 1998, foi un dos principais impulsores do rexurdimento urbanístico e cultural da capital galega nas últimas décadas. Autor e coautor de diversos traballos sobre Compostela e o seu territorio, Estévez defenderá unha visión integradora da cidade como espazo de convivencia entre a memoria e a innovación.

Pola súa banda, Alfonso Salgado, profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e socio fundador do estudo Salgado e Liñares arquitectos —galardoado co Premio de Arquitectura Española 2020—, achegará a súa experiencia na intersección entre patrimonio e cidade contemporánea, combinando práctica profesional, docencia e investigación.

ÚLTIMAS

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

Santiago comparte con Cuba, México e Cabo Verde as súas políticas para compatibilizar o turismo coa vida veciñal

O Concello de Santiago de Compostela recibiu este xoves unha delegación institucional procedente de...

Área Central acolle unha exposición que recupera a historia ferroviaria da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle

O centro comercial Área Central acolle dende este xoves, 22 de outubro, a exposición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here