InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA veciñanza da Sabugueira coñece os avances do Plan especial do Camiño...

A veciñanza da Sabugueira coñece os avances do Plan especial do Camiño Francés de Santiago

O Concello explicou as modificacións introducidas no documento para compatibilizar a protección patrimonial coas necesidades do rural

Publicado o

Xornal de Compostela

Ducias de veciños e veciñas da Sabugueira participaron este venres, 24 de outubro, nun encontro convocado polo Concello de Santiago para dar conta dos avances na redacción do Plan especial director de ordenación e rehabilitación do Camiño Francés, documento que orientará as actuacións urbanísticas e de conservación neste itinerario xacobeo ao seu paso polo termo municipal.

A xuntanza contou coa presenza da alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada polos concelleiros Iago Lestegás (Urbanismo), Pilar Lueiro (Medio Rural) e Xesús Domínguez (Vías e Obras). Xunto á delegación política, participaron tamén membros do equipo técnico municipal e do Consorcio de Santiago, entre eles Ana Prieto, directora da área de Urbanismo; Pilar Rubín, xefa de Xestión Urbanística; e Lourdes Pérez, arquitecta responsable da redacción do plan.

Durante a asemblea, aberta a toda a veciñanza, o goberno local explicou as modificacións incorporadas ao documento, aprobado inicialmente en 2022, froito dun amplo proceso de diálogo cos residentes da zona. Estas actualizacións buscan compatibilizar a protección do patrimonio cultural e paisaxístico coas necesidades vitais e produtivas das persoas que viven no rural compostelán.

Ademais, Sanmartín e os concelleiros presentes deron conta das actuacións xa realizadas e das previstas na parroquia, en materias como infraestruturas, mobilidade ou mantemento de camiños. Como en anteriores encontros con entidades veciñais, o Concello recolleu novas propostas e demandas para seguir mellorando a calidade de vida das parroquias e reforzar a participación cidadá na planificación territorial.

O Plan especial do Camiño Francés, que abrangue todo o trazado desta ruta dentro do municipio, pretende servir de ferramenta de equilibrio entre a conservación dun patrimonio de valor universal e o desenvolvemento sostible das comunidades locais.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here