InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOJacobo Porteiro analizará no Ateneo de Santiago o futuro dos combustibles renovables

Jacobo Porteiro analizará no Ateneo de Santiago o futuro dos combustibles renovables

O catedrático da Universidade de Vigo abordará o papel do hidróxeno verde, o biogás e outros biocombustibles na descarbonización da economía galega

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ateneo de Santiago acollerá o luns 20 ás 19:30 en Afundación (Rúa do Vilar, 19) unha conferencia titulada ‘Máis alá do petróleo: o futuro dos combustibles renovables’, a cargo de Jacobo Porteiro, investigador do Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas (GTE) do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX) da Universidade de Vigo.

Na súa intervención, Porteiro afondará nos desafíos da transición enerxética e nos compromisos internacionais de neutralidade en carbono, analizando o potencial dos biocombustibles, o hidróxeno verde, o biogás e outras fontes alternativas como ferramentas para avanzar cara a unha economía descarbonizada. O investigador explicará tamén como estas tecnoloxías poden xerar novas oportunidades para Galicia, en especial nos sectores forestal, agroalimentario, naval e do transporte, pola súa capacidade de producir recursos limpos e reducir emisións.

Jacobo Porteiro Fresco (Vigo, 1976), catedrático de Máquinas e Motores Térmicos na Universidade de Vigo, é unha das voces de referencia en enxeñaría térmica, eficiencia enerxética e combustión. Autor de máis de 130 publicacións científicas e con 6.000 citas internacionais, representa a España no Comité de Combustión da Axencia Internacional da Enerxía (IEA). Ao longo da súa carreira desenvolveu tamén tarefas de responsabilidade universitaria vinculadas á sustentabilidade e á transición enerxética, centrando a súa investigación en modelos tecnolóxicos que permitan avanzar cara a un futuro pospetróleo.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here