InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOCompostela investirá 14,5 millóns na transformación da zona noroeste con fondos europeos

Compostela investirá 14,5 millóns na transformación da zona noroeste con fondos europeos

O PAI Horizonte Compostela busca mellorar a accesibilidade, a inclusión e a sustentabilidade en barrios como a Almáciga, Vite e Salgueiriños

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago vén de anunciar a obtención dunha subvención europea de 14,5 millóns de euros para financiar o PAI Horizonte Compostela, un plan que ten como obxectivo a mellora da zona noroeste da cidade. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, explicou que os recursos permitirán “impulsar unha cidade máis sustentable, accesible e inclusiva”, ao tempo que se avanza na revitalización de barrios como Almáciga, Vite e Salgueiriños, considerados de maior vulnerabilidade.

Segundo detallou Sanmartín, a iniciativa compleméntase con actuacións xa en marcha, como a reurbanización da rúa García Lorca, e con proxectos previstos, entre eles a rehabilitación de cinco edificios municipais en Caramoniña. A rexedora subliñou que esta liña de financiamento europeo encaixa na folla de ruta do goberno local: “Temos un horizonte claro e unha folla de ruta definida para mellorar a calidade de vida da xente”.

O PAI Horizonte Compostela estrutúrase en tres eixos principais. O proxecto Santiago Transforma prevé novos equipamentos sociais, culturais e deportivos, así como vivenda dotacional; Santiago Accesible céntrase na mellora integral da accesibilidade urbana; e Santiago Resiliente aborda medidas de adaptación ao cambio climático.

Estas actuacións forman parte da Axenda Urbana Santiago de Compostela (EDIL-AUS), aprobada polo pleno municipal en setembro de 2022, que fixa como prioridades o acceso á vivenda, a conservación do patrimonio natural, o fortalecemento dos ecosistemas sociais e culturais e a mellora do saneamento e abastecemento. Co desenvolvemento destes proxectos, o goberno local aspira a crear contornas máis habitables, resilientes e equitativas, contribuíndo á transformación da cidade cara a 2027 e 2031.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here