InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOUn estudo identifica 24 tipos de paisaxe no Camiño de Santiago Francés

Un estudo identifica 24 tipos de paisaxe no Camiño de Santiago Francés

O estudo, apoiado pola Fundación Biodiversidad, cataloga 69 unidades paisaxísticas ao longo do itinerario peregrino

Publicado o

Xornal de Compostela

Un estudo realizado pola Fundación Santa María La Real catalogou ata 24 tipos distintos de paisaxe ao longo do Camiño de Santiago Francés, que se estende por cinco comunidades autónomas e 173 municipios. As paisaxes varían desde serras e vales nos Pireneos ata montes en Galicia e depresións galaicas, percorrendo tamén as campiñas do Ebro.

Esta análise forma parte do proxecto ‘Guía de adaptación ao cambio climático para o Camiño de Santiago Francés‘, que busca mitigar os impactos do cambio climático na icónica ruta de peregrinación. O proxecto conta co respaldo da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e enmarca os seus esforzos na implementación do Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático 2021-2030.

Ademais de definir a diversidade paisaxística do Camiño, o estudo apunta a serias ameazas derivadas do cambio climático, como o incremento de temperaturas e o aumento de risco de incendios forestais e choivas intensas, que poderían afectar negativamente o percorrido anual de aproximadamente 350.000 peregrinos.

Os resultados deste traballo publicaranse tanto en formato impreso como dixital, destinados non só aos municipios por onde pasa o Camiño, senón tamén aos albergues, peregrinos, oficinas de turismo e afeccionados a esta ruta histórica.

O estudo, que se extenderá ata o ano 2025, xa completou unha fase de revisión bibliográfica e investigación preliminar. O próximo paso inclúe a elaboración de mapas detallados que amosarán cada un dos tipos de paisaxe identificados, as unidades paisaxísticas e información relevante sobre o uso do solo e hábitats de interese, incluíndo aqueles espazos que forman parte da Rede Natura.

ÚLTIMAS

O PP de Santiago denuncia “insultos” de manifestantes da CNT durante unha actividade informativa en Carreira do Conde

O Partido Popular de Santiago denunciou este venres un incidente con participantes nunha manifestación...

A CIG denuncia ante a Inspección de Traballo deficiencias de seguridade no laboratorio do Hospital Clínico de Santiago

A CIG-Saúde presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo pola situación do Laboratorio...

Santiago cederá á Xunta unha parcela na Muíña para construír 123 vivendas públicas de alugueiro

O Concello de Santiago cederá á Xunta de Galicia unha parcela municipal na Muíña...

Un veciño de Santiago asegura que tivo que mudar de casa tras anos de acoso homófobo por parte dun matrimonio

A Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, xulgou este venres un matrimonio...

O Consorcio de Santiago adxudica por máis de 82.000 euros a restauración do Arco de Mazarelos

O Consorcio de Santiago adxudicou por 82.382,42 euros, IVE incluído, os traballos de restauración...

Un libro percorre 31 cúpulas de Santiago para descubrir o patrimonio arquitectónico menos visible da cidade

Santiago de Compostela conta cun patrimonio arquitectónico que vai máis alá das fachadas e...

(VÍDEO) Para historia de terror, a que Compostela ten baixo terra en Boisaca

A historia imaxinada dá paso aos feitos documentados. Segundo os datos recollidos polo proxecto...