InicioPOLÍTICASantiago e Padrón avanzan nunha estratexia conxunta para regular o turismo e...

Santiago e Padrón avanzan nunha estratexia conxunta para regular o turismo e garantir o acceso á vivenda

A primeira xuntanza institucional entre ambos gobernos locais pon o foco na experiencia compostelá para aplicar medidas en materia de vivenda e turismo en Padrón

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e o alcalde de Padrón, Anxo Rei, mantiveron esta mañá unha reunión institucional acompañados de cadros técnicos e membros dos seus gobernos para abordar cuestións compartidas que afectan a ambos concellos. A xuntanza, cualificada por ambos mandatarios como “a primeira de varias”, serviu para establecer un marco de colaboración sobre tres temas principais: o acceso á vivenda, a regulación dos pisos turísticos e a xestión da presión turística derivada do Camiño de Santiago.

Segundo explicou Sanmartín, no encontro compartiuse a experiencia de Compostela na implantación do imposto de estadías turísticas, xa aprobado definitivamente polo pleno municipal, así como no proceso de regulación dos pisos turísticos, iniciado en 2015 e culminado no presente mandato. Tamén se abordou a solicitude da capital galega para ser declarada zona de mercado residencial tensionado, trámite pendente de resposta por parte da Xunta de Galicia.

A rexedora compostelá destacou que tanto Santiago como Padrón teñen en común “unha presenza constante de poboación flotante” e a necesidade de buscar fórmulas de equilibrio entre turismo e dereito á vivenda. Apuntou ademais que a cidade está a estudar a posibilidade de implantar unha taxa para excursionistas de día e de desenvolver medidas para mobilizar vivenda baleira e promover vivenda protexida.

Pola súa banda, o alcalde de Padrón recoñeceu que o seu municipio non conta cos mesmos medios que Compostela, pero que aspira a aplicar criterios e regulamentos compartidos cos concellos que sofren unha presión turística similar. “Temos que ser capaces de xestionar o éxito turístico e garantir ao tempo a calidade de vida e a habitabilidade”, asegurou Rei, que anunciou a intención de encargar estudos sobre o mercado inmobiliario padronés para valorar futuras accións como a declaración de zona tensionada ou a regulación dos alugueiros turísticos.

Ambos dirixentes coincidiron en que a situación actual require políticas de longo alcance, alén das medidas urxentes do día a día. “Temos que deseñar estratexias con luces longas”, afirmou Sanmartín, quen subliñou que a liña de traballo común continuará agora a nivel técnico, coa colaboración entre os equipos municipais de ambos concellos.

OUTRAS CUESTIÓNS DE ACTUALIDADE

Durante a rolda de prensa, Sanmartín tamén respondeu a preguntas sobre outros asuntos de actualidade. En relación co debate arredor da descentralización dos estudos de Medicina, reiterou a posición institucional do Concello de Santiago a prol de que a Facultade de Medicina da USC sexa a única que imparta docencia básica, mentres que os cursos superiores poderían impartirse noutros lugares.

Preguntada sobre o balance do seu mandato, a alcaldesa destacou que a cidade está a ser “vanguarda” en múltiples políticas, desde a vivenda ata a recuperación das festas populares, e anunciou que tomará uns días de vacacións “necesarios” antes de retomar a actividade a finais de agosto.

En canto ao novo Parque Comarcal de Bombeiros, Sanmartín sinalou que o Concello está á espera de que a Deputación da Coruña valide a documentación entregada para poder avanzar na súa posta en marcha.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

O Concello presiona a adxudicataria para reactivar as obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago manterá a presión sobre a empresa responsable das obras da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here