InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOSantiago incorpora tres novas illas de compostaxe comunitaria e xa suma 15...

Santiago incorpora tres novas illas de compostaxe comunitaria e xa suma 15 en funcionamento

O concelleiro Xesús Domínguez destaca que se trataron 66 toneladas de orgánicos e se xeraron 20 de compost desde o inicio do proxecto

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago continúa a avanzar no seu modelo de compostaxe cun total de 15 illas comunitarias activas, tras a posta en marcha de tres novos puntos no campus sur, fronte á Facultade de Matemáticas, no parque de Xixón e na rúa do Pino, na Almáciga. O balance foi presentado polo concelleiro de Sustentabilidade Ambiental e Servizos Básicos, Xesús Domínguez, quen destacou que desde o inicio do proxecto xa se recuperaron preto de 66 toneladas de residuos orgánicos, transformadas en máis de 20 toneladas de compost.

O edil subliñou que a compostaxe é unha das principais liñas estratéxicas en materia de xestión de residuos e abrangue tres ámbitos: compostaxe individual, con case 2.000 familias que dispoñen de composteiro nas súas vivendas; compostaxe comunitaria, con 15 illas distribuídas polos barrios; e compostaxe industrial, a través do colector marrón.

Entre os exemplos de maior acollida citou a illa de Vidán, ampliada recentemente pola elevada demanda veciñal e dos grandes produtores da zona, o que obrigou a triplicar a súa capacidade inicial. O compost xerado nestas instalacións está dispoñible para a cidadanía, que pode solicitalo a través da web santiagosostible.gal.

Domínguez lembrou que unha familia pode xerar arredor de 400 quilos de orgánicos ao ano, materia que “pode converterse en abono para hortas e xardíns da cidade”. Neste sentido, afirmou que a compostaxe é “a mellor definición de economía circular: o que sae das nosas cociñas pode volver en forma de vida ás hortas e zonas verdes”.

O concelleiro animou a colectivos veciñais, comunidades e persoas interesadas a propoñer novos espazos para composteiros comunitarios mediante o formulario habilitado en liña. As solicitudes valoraranse en función da proximidade a zonas verdes municipais ou edificios de vivendas.

Finalmente, anunciou que nas próximas semanas se reforzará o traballo cos barrios, centros escolares, hostalería e colectivos sociais, organizando reunións veciñais arredor das illas e obradoiros de compostaxe para fomentar a participación cidadá. “Queremos que cada composteiro comunitario sexa tamén un punto de encontro e de conciencia ambiental”, concluíu.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

Santiago mantén a vixilancia sobre o vertido de Tordoia malia o freo do seu avance

O vertido de purín provocado pola rotura dunha balsa nunha explotación gandeira de Tordoia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here