InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO PP acusa ao goberno do BNG de vetar por segundo ano...

O PP acusa ao goberno do BNG de vetar por segundo ano a concentración de coches clásicos no Obradoiro

José Ramón de la Fuente critica a exclusión do evento durante as festas do Apóstolo e fala de “sectarismo político” no uso dos espazos públicos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Club Galego de Automóbiles Antigos volverá quedar fóra das celebracións do Apóstolo en Santiago. Por segundo ano consecutivo, o Concello rexeitou autorizar a tradicional concentración de coches clásicos na Praza do Obradoiro, un evento con preto de corenta anos de historia que viña celebrándose cada verán na capital galega coincidindo coas festas patronais.

O concelleiro do Partido Popular en Santiago, José Ramón de la Fuente, denunciou publicamente esta negativa, que cualificou de “arbitraria e partidista”. O edil popular subliñou que a decisión do goberno municipal liderado polo BNG carece de xustificación obxectiva, ao tratarse dun evento “sen incidencias e con ampla aceptación social” en todos os anos previos á súa suspensión.

É incomprensible que se denegue esta concentración mentres que en setembro se autoriza outra de características practicamente idénticas”, afirmou De la Fuente, quen fixo referencia a unha cita similar autorizada polo Concello noutra data do ano. Segundo a súa versión, a única diferenza entre ambos eventos sería a entidade organizadora, o que “evidencia un criterio ideolóxico na xestión dos espazos públicos”.

O representante do PP acusou ao executivo de utilizar a programación cultural con criterios excluíntes, e de “discriminar iniciativas consolidadas só por non encaixar na súa visión política”. Nesa liña, insistiu en que a concentración de coches clásicos mantén o seu atractivo noutras localidades galegas, como ocorreu recentemente en Ribadeo, onde foi “un dos actos máis concorridos das festas”.

A organización do evento, que reúne cada ano vehículos históricos e centos de persoas afeccionadas, considera que a Praza do Obradoiro é o espazo máis representativo para desenvolver unha actividade que combina patrimonio material e cultural. O club organizador lamenta que, por segundo ano, non se poida levar a cabo en Santiago, malia a súa longa traxectoria e boa acollida.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

A migración forzada por factores ambientais, a debate en Santiago o martes 17 de marzo

O vindeiro martes 17 de febreiro celebrarase no Centro de Estudos Avanzados de Santiago...

Santiago anuncia a reapertura do parque de Bonaval tras o derrube

O Goberno local de Santiago anunciou a reapertura do parque de Bonaval, tras tres...

O Goberno aproba a prórroga do Plan de Sustentabilidade Turística de Santiago para completar as actuacións previstas

O Consello de Ministros aprobou a modificación e prórroga de oito convenios correspondentes á...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here