InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Museo do Pobo Galego incorpora unha nova pasarela que conecta as...

O Museo do Pobo Galego incorpora unha nova pasarela que conecta as súas dúas alas principais

A infraestrutura permite dar continuidade ao percorrido expositivo e foi construída con madeira tecnolóxica CLT para respectar o valor patrimonial do conxunto de Bonaval

Publicado o

Xornal de Compostela

O Museo do Pobo Galego conta desde este xoves cunha nova conexión arquitectónica entre as súas dúas principais estruturas no conxunto de San Domingos de Bonaval. Trátase dunha pasarela interior de madeira e vidro que une a ala sur co corpo central do antigo convento, unha intervención que recupera a comunicación entre espazos e facilita a continuidade da exposición permanente.

A obra foi presentada pola alcaldesa de Santiago e presidenta do Consorcio, Goretti Sanmartín; pola vicepresidenta do Padroado do Museo, María Xosé Fernández Cerviño; e pola arquitecta do Consorcio encargada do proxecto, Idoia Camiruaga. A intervención foi cualificada como “un día importante” para a institución, tras décadas de traballos de restauración no edificio cedido en 1977 ao Museo do Pobo Galego.

A pasarela está construída en CLT (Cross Laminated Timber), un material de madeira tecnolóxica que permite grandes luces sen apoios intermedios. Segundo Camiruaga, tratouse dunha operación “lixeira, reversible e respectuosa coa estrutura histórica“, pois non se interveu nos muros orixinais e mesmo foi desmontada unha fiestra para introducir os módulos da estrutura. A peza tamén integra un sistema de sectorización contra incendios, que divide os dous corpos do edificio e garante a seguridade sen afectar a luminosidade do espazo.

Esta nova conexión permite reorganizar o percorrido museográfico de forma continua entre salas dedicadas á historia galega, desde a prehistoria ata a época moderna. A intervención completa así a rehabilitación da ala sur, realizada en 2020, e que incluíu cubertas, fachadas e estrutura interior para aumentar a súa capacidade de carga.

Durante o acto, Sanmartín destacou que o Museo do Pobo Galego é “o museo nacional por excelencia de Galiza” e animou á cidadanía a visitar esta nova etapa do museo. A alcaldesa subliñou tamén que o Consorcio de Santiago investiu máis de 3,5 millóns de euros en melloras no complexo desde 2020, incluíndo os 135.000 euros da pasarela agora inaugurada.

Ademais, anunciou unha nova achega de máis de 250.000 euros para a restauración da capela de Castelao, situada tamén na contorna de Bonaval, onde se prevé actuar sobre as unidades instaladas e recuperar as antigas pinturas murais.

O acto concluíu cun agradecemento ás entidades participantes –o Ministerio de Cultura, a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e empresas como Finsa e Tragsa– e coa proposta de buscar un nome máis poético para o elemento técnico que completa a intervención: o tímpano de sectorización de incendios.

ÚLTIMAS

Rafael Louzán e Luís de la Fuente ofrecerán a Copa do Mundo ao Apóstolo Santiago este xoves

Compostela acollerá mañá xoves unha serie de actos arredor da Copa do Mundo de...

Unha vaga de falsas ameazas de bomba obriga a desaloxar tres institutos de Santiago e centros da comarca

Tres institutos de Santiago de Compostela tiveron que activar este mércores os seus protocolos...

Santiago acenderá o Nadal o 1 de decembro cunha festa participativa no Obradoiro e máis dun mes de actividades

O Concello de Santiago de Compostela presentou este mércores un avance da programación de...

A folga xeral deixa seis voos cancelados no aeroporto de Santiago

O aeroporto de Santiago de Compostela rexistrou seis cancelacións de voos este mércores na...

O Consorcio de Santiago adxudica por máis de 82.000 euros a restauración do Arco de Mazarelos

O Consorcio de Santiago adxudicou por 82.382,42 euros, IVE incluído, os traballos de restauración...

Un libro percorre 31 cúpulas de Santiago para descubrir o patrimonio arquitectónico menos visible da cidade

Santiago de Compostela conta cun patrimonio arquitectónico que vai máis alá das fachadas e...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here