InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOJuan Manuel Monterroso analiza no Ateneo o esplendor artístico do Mosteiro de...

Juan Manuel Monterroso analiza no Ateneo o esplendor artístico do Mosteiro de San Martiño Pinario

O catedrático da USC impartirá este luns unha conferencia centrada na arte galega da Idade Moderna e nos retos da súa conservación

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ateneo de Santiago acolle este luns, 3 de xuño, ás 19.30 horas, unha nova cita co coñecemento e a divulgación cultural. O convidado será o catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Manuel Monterroso Montero, quen ofrecerá a conferencia titulada ‘Esplendor dun cenobio beneditino. O Mosteiro de San Martiño Pinario’ no salón de actos de Afundación, na Rúa do Vilar, 19.

A intervención forma parte das actividades organizadas polo Ateneo para divulgar o patrimonio histórico e artístico da cidade, e nesta ocasión centrarase nun dos conxuntos monásticos máis relevantes de Galicia. San Martiño Pinario, situado no corazón do casco histórico compostelán, será o punto de partida para unha reflexión máis ampla sobre a arte galega da Idade Moderna, as súas claves interpretativas e os desafíos que presenta hoxe a súa conservación.

Monterroso, que desenvolve a súa actividade académica na Facultade de Xeografía e Historia da USC, é un dos principais referentes no estudo da arte galega e do patrimonio relixioso. Ao longo da súa carreira ten investigado en profundidade a iconografía mariá, os programas artísticos en espazos monásticos e catedralicios e o papel do Camiño de Santiago como eixo vertebrador da creación artística. Estes temas estarán tamén presentes no relatorio que ofrecerá na capital galega.

Ademais da súa docencia na USC, Monterroso foi profesor na Universidade da Coruña, decano da Facultade de Xeografía e Historia e director do Departamento de Historia da Arte. Desde hai máis de vinte anos dirixe o grupo de investigación Iacobus, centrado na análise da arte e do patrimonio cultural galego, e ten participado en numerosos proxectos expositivos e congresos internacionais, o que o converte nunha voz autorizada no ámbito da historiografía artística.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O Arquivo da Catedral de Santiago abre as súas portas polo Día Internacional dos Arquivos

O Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago abrirá as súas portas á cidadanía entre o...

‘Compostela nocturna, mírame!’ trasládase a Cornes para achegar á veciñanza o futuro proxecto de iluminación da Catedral

A exposición 'Compostela nocturna, mírame!' continúa o seu percorrido pola cidade e instalarase desde...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here