InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA Deputación da Coruña finaciará novas melloras na Vía Verde Compostela

A Deputación da Coruña finaciará novas melloras na Vía Verde Compostela

Segundo informa a institución provincial, a achega do organismo permitirá sufragar o 85% do orzamento do proxecto, que ascende a 149.108 euros e inclúe varias accións para seguir pondo en valor a infraestrutura impulsada pola Deputación da Coruña,

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Oroso e presidente da Asociación de Concellos Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, Álex Doval, asinaron un convenio polo que a institución provincial financiará novas melloras e actuacións de acondicionamento e posta en valor desta senda ciclista e peonil, a máis longa de Galicia e que discorre sobre antigas vías do ferrocarril.

Segundo informa a institución provincial, a achega do organismo permitirá sufragar o 85% do orzamento do proxecto, que ascende a 149.108 euros e inclúe varias accións para seguir pondo en valor a infraestrutura impulsada pola Deputación da Coruña, a Fundación de Ferrocarrís Españois e os municipios polos que discorre a vía: Cerceda, Tordoia, Ordes, Oroso e, proximamente, Santiago de Compostela.

Noutra orde de cousas, a Deputación da Coruña subvencionará cinco festivais de arte urbana na modalidade de pintura mural. En concreto, repartirá axudas ao Cromático Mural Fest (Cambre), Rexenera Fest (Carballo), Expresa Oleiros Urban Fest, Festival Viladomar (Rianxo) e DesOrdes Creativas (Ordes).

Noutra orde de cousas, o presidente da institución provincial e a presidenta da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, Ana Olveira, asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de fomentar o traballo e función das cooperativas, ademais de promover a economía social.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here