InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA Catedral de Santiago celebra a festividade da Traslación do Apóstolo cunha...

A Catedral de Santiago celebra a festividade da Traslación do Apóstolo cunha solemne liturxia

A procesión e a misa estacional inclúen actos tradicionais e música sacra en honra ao Apóstolo Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A Catedral de Santiago acolle este luns a celebración litúrxica da Traslación do Apóstolo Santiago, unha das festividades máis destacadas do calendario relixioso compostelán. A xornada dará comezo ás 11:40 horas coa tradicional procesión do Excmo. Cabido, que percorrerá o interior da Catedral acompañada polo son das chirimías e a presenza do relicario coñecido como Santiago Coquatrix, unha peza emblemática realizada no século XIV en ouro, prata dourada e esmaltes.

O percorrido da procesión inclúe momentos destacados como a parada no transepto norte, onde se activará o Botafumeiro, e o traslado ao Pórtico da Gloria, onde o coro interpretará o motete O Beate Iacobe, de Santiago Tafall, seguido dun preludio de órgano composto por Manuel Cela. Posteriormente, a comitiva trasladarase ao Altar Maior, onde dará comezo a misa estacional presidida polo Arcebismo Francisco Prieto.

A celebración inclúe unha coidada selección de música sacra, con pezas como a Missa Ad Piisimam Mariam, de Melchor López, e composicións de J. S. Bach e F. Mendelssohn. A liturxia desenvolverase seguindo un esquema tradicional que inclúe a lectura de pasaxes bíblicos, a Invocación-Ofrenda do Delegado Rexio, e a homilía a cargo do Arcebispo.

A festividade conta coa participación do coro da Capela Musical da Catedral, dirixido por Miro Moreira, e os organistas Manuel Cela e David Maceira. A celebración tamén implica un amplo despregamento do cabido catedralicio, autoridades eclesiásticas e fieis.

A xornada terá fin coa despedida do Arcebispo no Pórtico da Gloria, poñendo fin a unha celebración marcada pola solemnidade e a devoción.

ÚLTIMAS

Rueda visita unha panadaría de Santiago tras os incidentes na folga do 11N: “Tan importante é o dereito á folga como a traballar”

O dereito á folga e o dereito a traballar volveron situarse este martes no...

O comité de Tralusa e delegados de Aulusa denuncian “escurantismo” sobre o contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela comeza a xerar preocupación...

A USC acumula 85 estudantes en lista de espera para recibir atención psicolóxica

A Universidade de Santiago de Compostela ten actualmente 85 persoas en lista de espera...

Fly2Galicia asegura que están garantidos os voos a partir do 1 de decembro cun único avión de White Airways

A turoperadora Fly2Galicia asegura que manterá a programación de voos chárter desde o aeroporto...

A folga xeral deixa seis voos cancelados no aeroporto de Santiago

O aeroporto de Santiago de Compostela rexistrou seis cancelacións de voos este mércores na...

O Consorcio de Santiago adxudica por máis de 82.000 euros a restauración do Arco de Mazarelos

O Consorcio de Santiago adxudicou por 82.382,42 euros, IVE incluído, os traballos de restauración...

Un libro percorre 31 cúpulas de Santiago para descubrir o patrimonio arquitectónico menos visible da cidade

Santiago de Compostela conta cun patrimonio arquitectónico que vai máis alá das fachadas e...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here