InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA incursión dos normandos en Galicia: un importante episodio atlántico da construción...

A incursión dos normandos en Galicia: un importante episodio atlántico da construción de occidente

O historiador Fernando López Alsina visita o Ateneo de Santiago para achegar aos composteláns a historia da incursión do pobo normando en Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

Este luns o Ateneo de Santiago acolleu unha conferencia moi particular do historiador Fernando López Alsina, na que achegou a un público multitudinario a relación entre os normandos e Galicia e definiu este período como un importante e fundamental “episodio atlántico na construción de occidente”. A charla suscitou grande interese entre o público, atraendo unha numerosa audiencia desexosa de profundar nunha etapa fascinante e ás veces pouco coñecida ou mitificada como é a incursión dos vikingos en Galicia.

Os normandos comezaron os seus movementos no atlántico pola incursión vikinga nun occidente multiétnico, plurlingüístico. “Para poder entender hai que comprender ben as linguas das distintas fontes: escandinavas, latinas e musulmanas”, asegurou López Alsina. Neste momento, os normandos abandoaron a súas loitas internas para centrarse na navegación e o saqueo de terras atlánticas. Aínda que non tan frecuentes como noutros lugares de Europa, as invasións normandas en Galicia deixaron unha marca profunda, especialmente nas zonas costeiras. Estes ataques levaron a reforzar as defensas de localidades como Compostela e inspiraron lendas e historias que aínda hoxe se lembran.

Entre os episodios máis destacados das incursións normandas está a súa chegada a Compostela no ano 858, cando unha frota de cen barcos se lanzou sobre a costa galega, saqueando Iria Flavia e poñendo sitio a Santiago de Compostela. A defensa da cidade, liderada polo conde Pedro, rematou coa destrución de boa parte da flota normanda e a expulsión dos invasores cara ao sur. Este ataque impulsou a mudanza da sede episcopal de Iria Flavia a Santiago de Compostela, un cambio que reconfigurou o mapa eclesiástico galego.

Tamén en 968, as tropas de Gunderedo desembarcaron en Galicia na súa terceira incursión, asaltando Iria Flavia a través do xiro de Santiago, entre o Ulla e o Tambre, na zona que hoxe se coñece como A Rocha. Adentrándose no interior, provocaron destrucións na antiga sede episcopal de Bretoña. Algunas fontes presentadas por López Alsina na conferencia indican que estas tropas puideron chegar mesmo ata máis aló do Cebreiro.

A súa presenza prolongouse ata a súa derrota na ría de Ferrol no ano 970. Estes episodios tamén propiciaron a construción de fortificacións, como as Torres do Oeste en Catoira, que servirían como bastión fronte a futuras ameazas normandas. En Catoira, asegura o historiador, podería existir cultura material que evidenciase nova información sobre a presenza vikinga, pero indica que non foi localizado.

López Alsina, como experto en historia medieval e no Camiño de Santiago, explicou que, a pesar de que as incursións normandas en Galicia foron menos numerosas que noutras rexións, tiveron importantes consecuencias para o territorio. As accións militares levadas a cabo polos normandos contribuíron ao fortalecemento das murallas e sistemas defensivos galegos, modificando ademais o papel de Santiago como centro relixioso e estratéxico. Estes acontecementos representan un capítulo crucial na evolución das relacións de Galicia co resto de Europa, consolidando a súa posición nun contexto atlántico e abrindo as portas ao posterior fluxo de peregrinos nórdicos polo Camiño de Santiago.

ÚLTIMAS

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Subirats reivindica en Santiago máis capacidade para os concellos ante a interconexión das crises

O profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Barcelona e exministro de Universidades...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

Santiago mantén a vixilancia sobre o vertido de Tordoia malia o freo do seu avance

O vertido de purín provocado pola rotura dunha balsa nunha explotación gandeira de Tordoia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here