InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOPiden a paralización do "Eixo de Mobilidade Sostible" da Xunta no Bosque...

Piden a paralización do “Eixo de Mobilidade Sostible” da Xunta no Bosque de Conxo tras a apertura de dilixencias penais

Ecoloxistas en Acción denuncia que xa hai dixlixencias abertas do xulgado nº2 de Santiago de Compostela como a Fiscalía anticorrupción europea

Publicado o

Xornal de Compostela
Tanto o xulgado nº2 de Santiago de Compostela como a Fiscalía anticorrupción europea confirmaron a Ecoloxistas en Acción a apertura de dilixencias penais pola actuación da Xunta de Galicia nas obras do denominado “Eixo de Mobilidade Sostible’, no treito entre Milladoiro e Compostela, a seu paso por Conxo. A organización ecoloxistas denunciou ao Goberno galego pola talla de árbores, movementos de terras e a apertura, non autorizada, dun vieiro dentro da área de Protección de Patrimonio da Humanidade do Convento de Conxo.
Ecoloxistas en Acción sinala que esta actuación da Xunta invade a área delimitada na que está realizándose o proxecto “Eco-Bosque Rio Sar” promovido polo concello de Santiago de Compostela co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD). Este proxecto está financiado tamén dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de la Unión Europea e promove a recuperación ambiental do ecosistema fluvial do “Bosque do Banquete de Conxo”, rexenerando as riberas do río, eliminando especies invasoras e restaurando espazos que aumenten a biodiversidade da zona.
Por iso, desde Ecoloxistas en Acción trasladaron tanto á Xustiza española como á  fiscalía europea que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia incumpre os principios de boa xestión financieira que deben rexir o destino dos fondos europeos, ao “sepultar” coa súa actuación un proxecto posto en marcha con anterioridade.
No ano 1985 engádese a Conxo na lista do Patrimonio Mundial da Unesco. Nesta declaración se delimita e inclúe especificamente a totalidade do recinto do Convento de Conxo e o Bosque do Banquete co seu entorno fluvial. A apertura dunha nova senda coa conseguinte talla de arboredo e movementos de terra que leva asociados están afectando xa á finca do antigo mosteiro. Porén, o informe da Dirección xeral de Patrimonio Cultural de Galicia incorporado ao Proyecto “Eixo de Mobilidade Sostible en Santiago de Compostela Treito: Milladoiro-Estación Intermodal” prohibe expresamente a apertura de novas sendas e o movemento de terras dado que considera este espazo como dunha gran calidade ambiental, que debe evitar alterarse.
Ecoloxistas en Acción tamén indicou a fiscalía europea e ao xulgado de Compostela que o acto administrativo de ordenar o inicio das obras a sabendas que se aparta do esixido por Patrimonio podería ser constitutivo dun delito de prevaricación administrativa. Ademais de comportar a perpetración dun delito contra o patrimonio histórico artístico, cultural e monumental, específicamente contra o patrimonio da humanidade.
A asociación veciñal Conxo destacan que o Plan Especial para a preservación do Patrimonio da Humanidade recolle que o conxunto do Mosteiro de Conxo está declarado como BIC pola súa excepcional calidade arquitectónica e tanto polo seu gran valor histórico como natural.
A asociación veciñal e Ecoloxistas en Acción rexeitan as obras en execución. “Pedimos a paralización inmediata do proxecto “Eixo de Mobilidade Sostible’” no treito de Milladoiro a Compostela por ser unha urbanización dura dun espazo de alto valor natural, xa que ten previsto hormigonar, levantar escolleras, asfaltar e iluminar na ribeira do río Sar en Conxo”, declara Luciano Villar, voceiro de Conxo Aberto.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

O PP de Santiago realiza unha visita nocturna á Catedral no marco do programa cultural ‘CompArte’

O PP de Santiago desenvolveu na noite deste xoves unha visita nocturna á Catedral...

O Concello continúa as reunións coa veciñanza para abordar obras e melloras en varios barrios de Santiago

O Concello de Santiago celebrou esta semana dúas novas xuntanzas cos barrios, encontros que...

Ávila acolle a celebración polo 40 aniversario da declaración de Santiago, Segovia e Ávila como Cidades Patrimonio Mundial

O Centro de Congresos e Exposicións Lienzo Norte, na cidade de Ávila, converteuse este...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here