InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA orixe da cuncha de vieira no Camiño: a lenda do Cabaleiro...

A orixe da cuncha de vieira no Camiño: a lenda do Cabaleiro das Cunchas

A tradición da peregrinación ten a súa orixe nunca lenda popular que ten como protagonista a un noivo e ao discípulos Teodoro e Atanasio

Publicado o

Por Marta Balado Simó

O Camiño de Santiago está cheo de historias e lendas que alimentan o seu encanto e maxia, está repleto de simboloxías que agochan un significado tras de si. Por exemplo, por que os peregrinos utilizan a cuncha de vieira?

Para comprender a orixe desta costume hai que remontarse á viaxe que emprenderon os discípulos do Apóstolo Santiago, Teodoro e Atanasio, dende Palestina ata Galicia para trasladar os restos do Apóstolo, nunha barca de pedra. O obxectivo desta viaxe era enterrar os restos en Compostela.

Durante a viaxe, á altura da praia de Bouzas, fronte ás Illas Cíes, viron que se estaba a celebrar unha voda. Os noivos, como parte da tradición, decidiron xogar a “abofardar”, un xogo que consistía en enviar unha lanza, cana ou “bofarda”, ao aire e recollela antes de que tocase o chan. Cando chegou o turno do noivo, unha racha de vento desviou a lanza cara ao mar . O cabaleiro decidiu seguila e se adentrou no mar ata desaparecer.

A histeria dos invitados aumentou cando o noivo non saía da auga, temendo que afogara. Nese intre, a barca de pedra na que viaxaban Teodoro a Atanasio achegouse ao lugar onde o cabaleiro afundira, e entón sucedeu o milagre. O cabaleiro xurdiu das augas co seu cabalo e recuberto de cunchas de vieira. Nese momento, os tripulantes dirixiron estas palabras ao noivo:

“Xesucristo quere manifestar o seu poder ante vostede e os que están nesta terra, polo ben e honra deste, o seu vasalo, que levamos neste barco para darlle un enterro cristián. O noso Señor Xesucristo quixo amosar a través de ti, ao presente e ao futuro, que quen queira amar e servir ao seu vasalo, debe visitalo onde foi enterrado, levando cunchas como as que estades cubertos, como selo de privilexio. El, a cambio, ofreceralles que o Día do Xuízo sexan recoñecidos por Deus como os seus vasalos, e polo honor que lle fixeron ao seu vasalo e amigo Santiago visitándoo e reverenciando, el resucitará na súa Santa Gloria e Paraíso.”

O episodoio deixou abraiado ao cabaleiro, quen lles pediu ao discípulos que o bautizasen e o convertesen ao cristianismo. Dende ese momento, o cuncha da vieira converteuse no símbolo de devoción ao Apóstolo e de boa sorte para os peregrinos durante o Camiño de Santiago.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

‘Compostella Expeditio’ recrea o Santiago medieval nunha experiencia de realidade virtual

A sede de Afundación en Santiago de Compostela acolle desde este martes 'Compostella Expeditio',...

Controlado o incendio de Brión tras queimar 4 hectáreas

O incendio forestal declarado na tarde do pasado martes no municipio coruñés de Brión...

Santiago converterá as galerías entre Rosalía de Castro e a Rúa Nova de Abaixo nunha galería de arte urbana

As galerías que comunican Rosalía de Castro coa Rúa Nova de Abaixo deixarán de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here