InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIO(VÍDEO) Bonaval: O 'cemiterio para vivos' de Compostela

(VÍDEO) Bonaval: O ‘cemiterio para vivos’ de Compostela

O cemiterio de Santo Domingo de Bonaval, antes en ruínas, hoxe serve de parque no corazón de Santiago.

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

Sabías que en Santiago hai un cemiterio para vivos? Se algunha vez paseaches polo barrio de San Pedro, quizais viras o gran portón coas inscricións “Cementerio General, 1847” e, no seu reverso, “Bienaventurados los que mueren en el Señor”. Ao cruzar esta porta, é común atoparse con composteláns descansando no céspede e desfrutando do día entre o que parecen ser antigos nichos.

Pois efectivamente, o espazo en cuestión é a antiga finca de case corenta hectáreas pertencente ao convento fundado a finais do século XIII, que no século XV pasaría a chamarse de Santo Domingo de Bonaval.

En 1912, a igrexa foi declarada Monumento Nacional, e na capela lateral sitúase o Panteón de Galegos Ilustres, onde repousan figuras históricas como Rosalia de Castro, Castelao e Alfredo Brañas. A súa vez, o antigo convento converteuse no Museo do Pobo Galego.

En 1847, a finca situada detrás do convento foi habilitada como cemiterio da cidade, construíndose os nichos que aínda hoxe se poden percorrer. O espazo mantivo esta función ata os anos 60, cando o cemiterio caeu en desuso, quedando en estado de abandono e cuberto de maleza.

Non sería ata os anos 90 que rematarían as obras de restauración e reconversión do cemiterio nun espazo natural. Durante estas obras, trasladáronse os corpos e cinzas a outros cemiterios, como o de Boisaca, e finalmente o lugar reabriu como parque, aínda que sen bancos, o que xerou certa polémica entre os veciños.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here