InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Museo de Melide doa á Catedral de Santiago unha táboa do...

O Museo de Melide doa á Catedral de Santiago unha táboa do coro histórico da basílica

A peza, que representa a Penitencia de San Domingos, será restaurada e recolocada no coro reconstruído da catedral

Publicado o

Xornal de Compostela

Na tarde deste venres, o Museo de Melide formalizou a doazón dunha táboa co relevo da Penitencia de San Domingos á Catedral de Santiago. A peza, que formaba parte do coro de madeira orixinal da basílica xacobea, foi cedida durante un acto no que participaron o director do museo, Xosé Manuel Broz, e o director da Fundación Catedral de Santiago.

O coro lígneo foi esculpido en 1606 polos artesáns Gregorio Español e Juan Davila, e estivo situado na nave central da catedral ata que foi retirado nos anos 40 do século XX. Durante a súa retirada, unha das táboas acabou en mans do odontólogo Ricardo Calvo García, quen posteriormente a cedeu ao Museo de Melide mediante un pacto verbal, que estipulaba que a táboa sería devolta á catedral despois do falecemento de Calvo e da súa esposa.

Agora, tras cumprirse esa condición, a peza pode ser restituída á súa ubicación orixinal na catedral. Nos próximos meses, procederase ao seu exame e restauración, antes de ser recolocada no coro reconstruído.

ÚLTIMAS

Rueda visita unha panadaría de Santiago tras os incidentes na folga do 11N: “Tan importante é o dereito á folga como a traballar”

O dereito á folga e o dereito a traballar volveron situarse este martes no...

O comité de Tralusa e delegados de Aulusa denuncian “escurantismo” sobre o contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela comeza a xerar preocupación...

A USC acumula 85 estudantes en lista de espera para recibir atención psicolóxica

A Universidade de Santiago de Compostela ten actualmente 85 persoas en lista de espera...

Fly2Galicia asegura que están garantidos os voos a partir do 1 de decembro cun único avión de White Airways

A turoperadora Fly2Galicia asegura que manterá a programación de voos chárter desde o aeroporto...

A folga xeral deixa seis voos cancelados no aeroporto de Santiago

O aeroporto de Santiago de Compostela rexistrou seis cancelacións de voos este mércores na...

O Consorcio de Santiago adxudica por máis de 82.000 euros a restauración do Arco de Mazarelos

O Consorcio de Santiago adxudicou por 82.382,42 euros, IVE incluído, os traballos de restauración...

Un libro percorre 31 cúpulas de Santiago para descubrir o patrimonio arquitectónico menos visible da cidade

Santiago de Compostela conta cun patrimonio arquitectónico que vai máis alá das fachadas e...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here