InicioMOV. SOCIAIS(Vídeo) As Urxencias do CHUS: "un almacén de pacientes" ciscados en padiolas...

(Vídeo) As Urxencias do CHUS: “un almacén de pacientes” ciscados en padiolas polos corredores

A Asociación de Usuarios e Pacientes do CHUS denuncia "maltrato asistencial" ante unha situación, di, que se repite a miúdo

Publicado o

Xornal de Compostela
Colpaso nos servizos de urxencias do CHUS. É a denuncia que fai a Asociación de Pacientes e Usuarios deste centro hospitaliario. Aconteceu o pasado 7 de outubro, ás 17:51 horas, cando 11 pacientes graves estiveron en cadeiras de rodas e padiolas ciscados nos corredores de acceso agardando a ser atendidos nas zonas de traballo. A esa hora 30 pacientes co ingreso asinado agardaban por unha cama en planta.
O día seguinte, martes 8 de outubro, “a situación empeorou de xeito moi preocupante“. Ás 15:38 horas eran 20 os pacientes colocados nos corredores e 34 os que tiñan o ingreso en planta sen cama asignada. Ese mesmo día ás 18:30 horas aínda 5 pacientes seguían no corredor.
Nun comunicado, esta asociación critica duramente á xerencia deste hospital porque “continúa ca inercia da anterior e está permitindo que se vulnere o dereito a intimidade e dignidade dos pacientes colocados en zonas de paso expostos a persoas que nada teñen que ver co servizo”.
 

“ALMACÉN DE PACIENTES”
Séguese empregando o servizo de urxencias como un almacén de pacientes onde os que teñen o ingreso asinado en planta, non conta cas condicións materias necesarias que require a súa condición de persoa hospitalizada e que o servizo de urxencias non pode subministrar”, critica. Ao mesmo tempo advirte que pacientes graves que requiren atención urxente somos aparcados nos corredores en espera de recibir atención.
Segundo datos publicados na páxina web no “pulso do CHUS” nas últimas 24 horas foron atendidos 476 persoas. O nivel de ocupación das camas foi do 59 por 100 (897) sobre un total de 1511 dispoñibles. “Existe un exceso de capacidade dispoñible de 614 camas que na práctica permanecen pechadas mentres non se doten de persoal sanitario para ser ocupadas”, indica. A estas hai que engadir as plantas do Hospital Gil Casares que aínda hoxe seguen con obras paralizadas e que manteñen pechadas mais de 70 camas.

ÚLTIMAS

O Teatro Principal entrega a Alba de Compostela a catro referentes locais no Día da Patria Galega

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu este 25 de xullo un dos...

O misterio do Apóstolo: espiritualidade, estratexia e construción de Europa

Cada 25 de xullo, Galicia celebra o día do seu patrón, o Apóstolo Santiago....

Rosalía de Castro recibe unha emotiva homenaxe en Bonaval

Diversas autoridades renderon homenaxe neste venres 25 de xullo, Día de Galicia, á insigne...

Unha alfombra floral honra a Díaz Pardo na Praza da Inmaculada

Unha alfombra floral conmemora ao artista e intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo (1920-2012) na...

Vítimas do accidente de Angrois denuncian que “o Estado non resposta” nin asumiu “ningunha responsabilidade”

A plataforma de vítimas do accidente do tren Alvia ocorrido en Angrois en xullo de 2013...

Vítimas de Angrois esixen un novo informe sobre o accidente do que só se culpa ao maquinista doce anos despois

Vítimas do descarrilamento do tren Alvia ocorrido en Angrois (Santiago) en xullo de 2013...

Artistas galegos promoven un acto por Palestina con música, cinema e poesía na Oficina Rúa

O espazo Oficina Rúa, na rúa San Pedro de Santiago de Compostela, acollerá o...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here