InicioMOV. SOCIAIS(Vídeo) As Urxencias do CHUS: "un almacén de pacientes" ciscados en padiolas...

(Vídeo) As Urxencias do CHUS: “un almacén de pacientes” ciscados en padiolas polos corredores

A Asociación de Usuarios e Pacientes do CHUS denuncia "maltrato asistencial" ante unha situación, di, que se repite a miúdo

Publicado o

Xornal de Compostela
Colpaso nos servizos de urxencias do CHUS. É a denuncia que fai a Asociación de Pacientes e Usuarios deste centro hospitaliario. Aconteceu o pasado 7 de outubro, ás 17:51 horas, cando 11 pacientes graves estiveron en cadeiras de rodas e padiolas ciscados nos corredores de acceso agardando a ser atendidos nas zonas de traballo. A esa hora 30 pacientes co ingreso asinado agardaban por unha cama en planta.
O día seguinte, martes 8 de outubro, “a situación empeorou de xeito moi preocupante“. Ás 15:38 horas eran 20 os pacientes colocados nos corredores e 34 os que tiñan o ingreso en planta sen cama asignada. Ese mesmo día ás 18:30 horas aínda 5 pacientes seguían no corredor.
Nun comunicado, esta asociación critica duramente á xerencia deste hospital porque “continúa ca inercia da anterior e está permitindo que se vulnere o dereito a intimidade e dignidade dos pacientes colocados en zonas de paso expostos a persoas que nada teñen que ver co servizo”.
 

“ALMACÉN DE PACIENTES”
“Séguese empregando o servizo de urxencias como un almacén de pacientes onde os que teñen o ingreso asinado en planta, non conta cas condicións materias necesarias que require a súa condición de persoa hospitalizada e que o servizo de urxencias non pode subministrar”, critica. Ao mesmo tempo advirte que pacientes graves que requiren atención urxente somos aparcados nos corredores en espera de recibir atención.
Segundo datos publicados na páxina web no “pulso do CHUS” nas últimas 24 horas foron atendidos 476 persoas. O nivel de ocupación das camas foi do 59 por 100 (897) sobre un total de 1511 dispoñibles. “Existe un exceso de capacidade dispoñible de 614 camas que na práctica permanecen pechadas mentres non se doten de persoal sanitario para ser ocupadas”, indica. A estas hai que engadir as plantas do Hospital Gil Casares que aínda hoxe seguen con obras paralizadas e que manteñen pechadas mais de 70 camas.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O profesorado axudante doutor da USC denuncia o bloqueo das súas prazas de estabilización e esixe unha solución á Xunta

A Plataforma de Profesorado Axudante Doutor da USC denunciou este martes a situación de bloqueo...

O sindicato estudantil Fervenza celebra en Santiago a súa II Asemblea Nacional e fixa as súas próximas mobilizacións

O sindicato estudantil Fervenza celebrou este pasado sábado, 17 de outubro, a súa II...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here