InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Camiño Inglés rexistra un crecemento do 16% no número de peregrinos

O Camiño Inglés rexistra un crecemento do 16% no número de peregrinos

O director de Administración e Relacións cos Amigos do Camiño de Santiago do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, asegurou que esta ruta está a ser unha ponte para estreitar lazos entre Galicia e Inglaterra

Publicado o

Xornal de Compostela

O director de Administración e Relacións cos Amigos do Camiño de Santiago do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, participou hoxe en Durham, Inglaterra, nun acto conmemorativo no que se descubriu unha nova mouteira do Camiño Inglés. Durante o evento, De la Campa destacou a importancia desta ruta, que está a ser unha ponte para estreitar lazos entre Galicia e Inglaterra.

Segundo explicou, o Camiño Inglés está a rexistrar un crecemento significativo, cun aumento do 16% no número de peregrinos. Ata o momento, máis de 25.300 peregrinos recolleron a Compostela tras percorrer esta ruta, situándoa como a cuarta máis popular entre os camiños de Santiago.

De la Campa subliñou o compromiso da Xunta de Galicia en seguir promocionando e potenciando este itinerario de cara ao Xacobeo 2027, dentro do marco do Plan Director dos Camiños de Santiago.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here