InicioECONOMÍAO Concello aproba a rehabilitación do Pazo de Raxoi cun investimento de...

O Concello aproba a rehabilitación do Pazo de Raxoi cun investimento de 3,9 millóns de euros

O proxecto mellorará a accesibilidade e permitirá visitas turísticas ao edificio histórico

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago deu luz verde ao proxecto de rehabilitación do Pazo de Raxoi, co obxectivo de mellorar a accesibilidade e fomentar as visitas turísticas de carácter histórico e artístico. O orzamento destinado a esta actuación é de 3.925.061,75 euros, financiado parcialmente con fondos Next Generation EU, cun prazo de execución de 12 meses.

Segundo explicou a portavoz do Goberno municipal, Míriam Louzao, este proxecto, elaborado pola UTE Redondo Valladares e Rodríguez SLP + Ezcurra e Ouzande Arquitectura SLP, pretende ‘mellorar as instalacións, facendo máis eficiente o consumo de enerxía, e acondicionar os espazos de traballo e para as visitas públicas’. Ademais, realizaranse melloras nas plantas segunda e terceira do edificio, así como na restauración da capela e dos seus elementos mobles.

Unha das principais actuacións será a instalación dun ascensor que conectará todas as plantas do edificio, desde o soto ata a terceira planta, así como a construción dunha rampla de acceso, co fin de mellorar a accesibilidade.

OBRAS NO RURAL

O Goberno local tamén adxudicou tres proxectos de mellora na zona rural, cun importe total de 576.814,93 euros, dentro do plan POS+ Adicional 2/2023. Entre eles, destaca a renovación do pavimento de San Martiño (Aríns), a creación dun parque infantil en Reibó (Laraño) e a ampliación da rede de saneamento na rúa do Coto dous Olmos (Bando).

As tres actuacións, adxudicadas a empresas galegas, teñen prazos de execución que varían entre 40 días e catro meses, dependendo do proxecto.

REMODELACIÓN DE VIRXE DA CERCA

Por outra banda, a portavoz Míriam Louzao referiuse á proposta de remodelación da contorna de Virxe da Cerca, cuxo concurso de ideas está en marcha. Louzao indicou que o proceso será aberto ao diálogo con entidades e persoas afectadas, aclarando que o obxectivo é ‘eliminar o tráfico de paso innecesario’ para mellorar a zona.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...