InicioECONOMÍAO DOG publica a aprobación definitiva da modificación urbanística dos terreos do...

O DOG publica a aprobación definitiva da modificación urbanística dos terreos do antigo Peleteiro

O novo planeamento reserva polo menos o 45% da edificabilidade residencial para vivenda protexida, elimina a posibilidade dun hotel e impide a creación dun centro comercial

Publicado o

Xornal de Compostela

A modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Santiago para os terreos do antigo colexio Manuel Peleteiro entrou este martes na súa fase definitiva coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) do anuncio da súa aprobación.

O cambio urbanístico fora avalado polo pleno municipal celebrado no pasado mes de marzo e redefine os usos permitidos nesta parcela situada no Ensanche compostelán. Entre as principais novidades figura a reserva de, cando menos, un 45% da nova edificabilidade residencial para vivenda protexida, unha medida coa que se busca incrementar a oferta de inmobles de acceso regulado nunha das zonas con maior presión urbanística da cidade.

A modificación tamén introduce cambios significativos nos usos previstos para o ámbito. O documento establece que o uso residencial pasa a ser o característico, ao tempo que elimina a posibilidade de destinar os terreos a un establecemento hoteleiro. Ademais, co obxectivo de preservar o tecido comercial da contorna, impídese a implantación dun centro comercial de grandes dimensións.

No apartado urbanístico, a revisión reduce a edificabilidade lucrativa prevista inicialmente. Así, o volume construíble pasa de 23.500 a 19.000 metros cadrados, o que supón unha diminución da capacidade edificatoria contemplada nas propostas anteriores para o solar.

O planeamento incorpora tamén cambios na configuración dos espazos públicos. Entre eles destaca a creación dunha nova praza orientada cara á rúa de San Pedro de Mezonzo, na súa fachada suroeste, que contará cun acceso amplo e aberto desde a rúa da República Arxentina, ao norte da parcela. O obxectivo é mellorar a permeabilidade urbana e a conexión deste ámbito co resto do barrio.

A publicación do acordo no DOG abre igualmente o período para a presentación de recursos. Segundo recolle o anuncio oficial, contra a aprobación definitiva da modificación do PXOM poderá interpoñerse un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) no prazo de dous meses, contados desde este mércores.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...