InicioECONOMÍAO Centro de Investigación Mestrelab de Santiago atrae 56 científicos e impulsa...

O Centro de Investigación Mestrelab de Santiago atrae 56 científicos e impulsa a creación de 27 empregos desde 2024

O CIM consolídase como polo de investigación con empresas instaladas e colaboracións internacionais no ámbito da intelixencia artificial e as ciencias da vida

Publicado o

Xornal de Compostela

O Centro de Investigación Mestrelab (CIM), situado en Santiago de Compostela, acadou nos seus primeiros meses de actividade un balance de 56 científicos incorporados ás súas instalacións desde a súa posta en marcha no ano 2024. Segundo os datos presentados, esta actividade traduciuse na creación de 27 postos de traballo e na implantación de nove empresas especializadas, nas que desenvolven o seu labor diario un total de 29 investigadores.

A presentación destes resultados tivo lugar este mércores na capital galega, nun acto no que o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, puxo en valor “a capacidade deste centro para atraer investigadores que traballen desde Galicia e contribúan a reforzar a aposta da Xunta polo I+G+i”.

Durante a súa intervención, o responsable autonómico destacou o papel do CIM como referente no ámbito científico, definíndoo como un “centro de excelencia” no que se desenvolven liñas de investigación vinculadas á intelixencia artificial aplicada á bioloxía estrutural, á sustentabilidade e circularidade e ao procesado avanzado de datos en espectrometría de masas exacta.

Entre os principais fitos acadados neste primeiro ano e medio de funcionamento, sinalouse tamén a posta en marcha de colaboracións internacionais co grupo Lonza, así como a conexión co ecosistema científico galego a través de entidades como a Rede CIGUS, o hub Datalife ou a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial.

Ademais, o centro integrouse en organismos especializados como Gradiant ou o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (Bioga), reforzando así a súa posición dentro do sistema de innovación galego.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...