InicioSOCIEDADELavacolla esmorece mentres medran Alvedro e Peinador

Lavacolla esmorece mentres medran Alvedro e Peinador

O aeroporto de Santiago perde un 14 % de pasaxeiros e concentra a práctica totalidade da caída do tráfico aéreo galego

Publicado o

Xornal de Compostela

O Aeroporto de Santiago perdeu máis de medio millón de pasaxeiros en 2025 respecto de cífralas marca rexistradas en 2024. Os datos, ofrecidos pola empresa pública Aena, reflicten tamén un descenso de máis de 2.000 voos. Segundo informou Aena, as terminais galegas alcanzaron os 5,5 millóns de viaxeiros en 2025, medio millón menos que o ano anterior, precisamente polo descenso no aeroporto compostelán Rosalía de Castro.

O aeroporto santiagués pechou o ano cun total de 3.107.587 pasaxeiros e 24.837 voos en 2025, un 14,3 % e un 7,9 % menos, respectivamente, que o ano anterior. O 80 % dos pasaxeiros, ademais, desprazáronse dentro do territorio nacional, mentres que preto de 600.000 usuarios aterraron ou despegaron desde Lavacolla a puntos de fóra de España.

Respecto dos preto de 25.000 voos, máis do 90 % (22.376) foron comerciais e, deles, 18.040 transcorreron dentro do territorio nacional, mentres que 4.336 voos foron internacionais. A terminal de Lavacolla, en datos de Aena, xestionou 3.734 toneladas de carga ao longo de 2025 que, á súa vez, supoñen un decrecemento de máis dun milleiro en comparación con 2024.

DECEMBRO, TAMÉN Á BAIXA

En decembro a caída foi maior á da media anual, pois o tráfico de pasaxeiros no aeroporto de Santiago caeu en practicamente 27 puntos porcentuais. Dos 246.119 de 2024 pasáronse aos 179.886 do pasado mes. Respecto dos voos, a caída en decembro foi de máis de 400 voos respecto ao mesmo período do ano anterior –de 1.850 a 1.443–. A terminal, ademais, moveu en decembro 318 toneladas de carga, once máis que en 2024.

CRECEMENTO NA CORUÑA E VIGO

Por contra, tanto a terminal da Coruña-Alvedro como a de Peinador, en Vigo, rexistraron datos positivos en número de viaxeiros e de voos. O aeroporto coruñés tivo en 2025 case 1,3 millóns de viaxeiros, un 4,4 % máis e case 16.251 voos (+12,2 %). Dos 9.595 voos comerciais, 8.436 foron conexións nacionais, e 1.159 internacionais. En decembro, a terminal de Alvedro tivo 106.899 viaxeiros (+1,7 %) e case 1.200 operacións, das que 779 foron voos comerciais (690 nacionais e 89 internacionais).

En Vigo, o ano pechouse con 1,11 millóns de pasaxeiros (+5,3 %) e 12.511 operacións. Do total de voos comerciais, 9.440, 8.469 foron en territorio nacional e 971 foron internacionais. Os datos de decembro tamén foron positivos na terminal olívica, con 97.127 viaxeiros, un 2,4 % máis que no mesmo mes do ano anterior, e operáronse 938 voos, dos que 797 foron comerciais. Así, houbo 712 conexións nacionais e 85 internacionais.

ÚLTIMAS

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

O arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa na Ofrenda ao Apóstolo

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo un chamamento este 25 de xullo...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...