InicioECONOMÍAO Grupo Municipal Socialista condiciona o seu apoio aos orzamentos de 2026...

O Grupo Municipal Socialista condiciona o seu apoio aos orzamentos de 2026 ao grao de execución das contas de 2025

Os socialistas reclaman información detallada sobre o cumprimento dos compromisos actuais antes de iniciar unha negociación orzamentaria para o vindeiro exercicio

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago de Compostela fixou a súa posición de cara á elaboración dos orzamentos municipais para 2026, subliñando que calquera diálogo sobre as novas contas debe partir, previamente, dun coñecemento exhaustivo do grao de execución e cumprimento dos compromisos adquiridos nos orzamentos de 2025.

Desde o grupo socialista sinalan que esta información é unha condición imprescindible antes de iniciar calquera proceso negociador. Segundo trasladan, só a partir dunha avaliación detallada da xestión orzamentaria en curso consideran posible abordar con rigor a planificación económica do seguinte exercicio.

O PSOE municipal manifesta a súa disposición ao diálogo e ao entendemento, mais insiste en que este debe producirse nun marco de negociación que cualifican de serio e real, sustentado en propostas que sexan solventes e realizables. O obxectivo, indican, é dar resposta ás demandas da veciñanza e ás necesidades do tecido social e económico da cidade.

Na súa valoración política, os socialistas precisan que o eventual apoio ás contas municipais non pode entenderse como automático. “O apoio do Grupo Municipal Socialista aos orzamentos municipais de Santiago de Compostela non é, nin será, un cheque en branco”, sinalan nun comunicado, no que tamén apelan á súa responsabilidade institucional, combinada cunha actitude de firmeza e exixencia política.

Dende o grupo lembran que a súa actuación no ámbito orzamentario responde á obriga de representar á cidadanía e de garantir que os acordos aprobados se cumpran, situando así o control da execución e a rendición de contas como elementos centrais de calquera futura negociación no Concello de Santiago.

ÚLTIMAS

Publicada no BOE a declaración de Santiago como zona de vivenda tensionada, que entra en vigor o xoves

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou a declaración de zona de mercado residencial...

Comeza unha nova etapa de mobilidade en Compostela: ábrese o prazo para adxudicar 29 novas licenzas de taxi

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou este luns as bases reguladoras...

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Luz verde a máis de 1 millón de euros para actuacións en concellos do Camiño Francés

O Goberno galego aprobou este luns un acordo que autoriza a firma dun novo...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here