InicioECONOMÍAAs concelleiras non adscritas critican a xestión do Goberno local e acusan...

As concelleiras non adscritas critican a xestión do Goberno local e acusan a alcaldesa de poñer “escusas de mala pagadora”

Marta Álvarez, Mercedes Rosón e Mila Castro sosteñen que o recoñecemento extraxudicial de crédito responde a contratacións irregulares

Publicado o

Xornal de Compostela

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago, Marta Álvarez, Mercedes Rosón e Mila Castro, compareceron este martes en rolda de prensa para abordar, en primeiro lugar, a situación das facturas pendentes de pagamento con reparo suspensivo que deben ser tramitadas mediante un recoñecemento extraxudicial de crédito e elevadas ao Pleno municipal.

Segundo explicaron, o Concello ten a obriga de aboar os servizos prestados, pero tamén a responsabilidade de contratar conforme á legalidade vixente. As edís sosteñen que o feito de que estas facturas cheguen ao Pleno responde a que “non se contrataron ben” ou a que corresponden a servizos prestados en precario, sen licitación en vigor. Entre os exemplos citados figuran gastos recorrentes como o consumo de gasóleo en dependencias municipais, o lavado de vehículos ou campañas municipais, así como contratos menores que, segundo indicaron, superan os importes permitidos ou fragmentan servizos dunha mesma unidade funcional.

Marta Álvarez subliñou que se trata de facturas correspondentes ao exercicio anterior e criticou o uso reiterado dunha figura que cualificou de extraordinaria, ao entender que non debería empregarse para regularizar gastos acumulados durante meses. Neste sentido, rexeitou que se poida atribuír á oposición o bloqueo dos pagos e apuntou directamente á xestión da contratación por parte do Goberno local.

As concelleiras non adscritas defenderon ademais unha vía alternativa para desbloquear o pagamento aos pequenos provedores, consistente en separar os expedientes: por unha banda, as facturas vinculadas ao servizo de viaqua, sobre as que o Partido Popular expresou dúbidas xurídicas, e por outra, as que afectan a autónomos e pequenas empresas. Segundo indicaron, esta fórmula permitiría garantir o cobro inmediato dunhas cincuenta facturas se se sometesen a votación independente.

Mercedes Rosón afirmou que, ao manter todo nun único expediente, a alcaldesa “sabe que non sairá adiante” e considerou que a situación responde a unha decisión política. As edís lembraron que en mandatos anteriores os recoñecementos extraxudiciais se levaban ao Pleno de maneira desagregada, con votacións independentes por áreas ou tipos de gasto, unha práctica que, segundo sinalaron, foi modificada polo actual Goberno municipal.

As tres concelleiras confirmaron que manterán a abstención incluso no caso de que os expedientes se leven por separado, e reiteraron que corresponde ao Goberno local dialogar co principal grupo da oposición, o PP, para garantir unha saída ao conflito. Tamén denunciaron que están a recibir increpacións na rúa, que atribúen á creación dun relato público que as sinala como responsables do atraso nos pagamentos.

AGRESIÓNS NO SEO DO PSOE

Nun segundo plano da comparecencia, Mila Castro centrou a súa intervención nas informacións recentes sobre presuntas agresións no seo do PSOE e na resposta da dirección do partido en Galicia. A concelleira expresou a súa solidariedade coas vítimas e cualificou de “inaceptable” a actuación da dirección socialista, á que acusou de manter un silencio cómplice e de priorizar os procedementos internos fronte á protección das persoas afectadas.

Castro vinculou esta situación coa súa propia experiencia e coa das súas compañeiras como exmilitantes socialistas, lembrando os procesos de presión e a súa posterior expulsión do partido. Tanto ela como Rosón insistiron en que as responsabilidades deben esixirse aos presuntos agresores e a quen, segundo dixeron, coñeceu os feitos e non actuou, e non ás vítimas.

A rolda de prensa concluíu coa reiteración da disposición das concelleiras non adscritas a facilitar unha solución aos expedientes económicos, á espera de contar con toda a documentación municipal, e coa esixencia de que se depuren responsabilidades políticas tanto no ámbito municipal como no orgánico do PSOE.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here