InicioECONOMÍAO Talentia Summit supera os 1.300 currículos intermediados e pecha a súa...

O Talentia Summit supera os 1.300 currículos intermediados e pecha a súa feira virtual con case mil citas profesionais

A edición de 2025 pechou a feira virtual de emprego e formación cunha alta participación e máis de 2.500 prazas cubertas en actividades formativas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Talentia Summit pechou a súa feira virtual de emprego e formación cun balance marcado pola elevada participación e o volume de interacción entre persoas candidatas e empresas. Entre o 9 e o 11 de decembro, o evento permitiu a intermediación de 1.278 currículos, a programación de 965 citas profesionais e mentorías online e a cobertura de 2.522 prazas en accións formativas, segundo os datos facilitados pola organización.

A plataforma web do Talentia Summit rexistrou desde o mes de novembro un total de 41.294 sesións, coincidindo co desenvolvemento das distintas actividades. No ámbito do emprego, a feira virtual facilitou encontros directos entre participantes e empresas de vinte sectores profesionais, con preto de 300 vacantes activas en ámbitos como informática e telecomunicacións, atención sanitaria, administración de empresas, loxística ou vendas.

As citas axendadas incluíron tamén sesións de mentoría orientadas a procesos de cambio profesional, apoio a proxectos laborais, mellora das habilidades comunicativas ou asesoramento práctico para incrementar a empregabilidade. Estas accións desenvolvéronse en formato dixital ao longo dos días centrais da feira.

APOSTA POLA FORMACIÓN

A programación formativa volveu ser un dos piares do encontro, cunha oferta que acadou unha ocupación completa. Cubríronse todas as prazas dos 115 cursos online dispoñibles, así como as da aula virtual e as correspondentes á Certificación Oxford Test of English, en distintos niveis. Ademais, ocupouse preto do 80% das prazas gratuítas ofrecidas a través das plataformas LinkedIn Learning e Talentia IT Skills, que permiten acceder a formación oficial de tecnolóxicas como Microsoft, Cisco, Meta ou JavaScript.

A edición de 2025 do Talentia Summit arrancou o 4 de decembro co ‘Foro Talentia’, celebrado no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, que reuniu a centos de persoas, maioritariamente mozas e mozos. A sesión estivo centrada no impacto da intelixencia artificial e nos retos da Xeración Z no ámbito profesional.

No foro participaron a pianista compostelá Isabel Dobarro, gañadora dun Grammy Latino; Sebastián Brandt, director executivo de Odoo España; Lara Neira, CEO e confundadora da startup Nigal e doutora en intelixencia artificial; Sergio Lucas, CEO e fundador de Leeters; así como Saúl Campos e Anadía Delgado, do grupo Go Talents. O encontro marcou o inicio dunha programación que tivo continuidade coa feira virtual de emprego e formación, consolidando o ‘Talentia Summit’ como un espazo de referencia para a conexión entre talento, empresas e capacitación profesional na comarca de Santiago.

ÚLTIMAS

Diego Adrián Mallo presenta a súa candidatura á Alcaldía de Santiago por UCIN para 2027

Diego Adrián Mallo presentou este sábado de maneira oficial a súa candidatura á Alcaldía...

A CIG denuncia o “bloqueo” da mobilidade interna no CHUS tras catro anos sen resolucións

A CIG denunciou a través dun comunicado o "bloqueo" sistemático da mobilidade interna no...

Sanmartín sobre as críticas de inseguridade en locales de ocio: “Non podemos actuar arbitrariamente de abrilos ou pechalos”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, achacou a baixada dos ingresos por habitación dispoñible...

Santiago promove uns orzamentos participativos con case 300 propostas

Unha pantalla para ver os partidos da selección española de fútbol no Mundial, cinema...

O Concello destina 3 millóns á compra de edificios baleiros na cidade histórica para crear vivenda pública en alugueiro

O Concello de Santiago destinará 3 millóns de euros á adquisición de edificios baleiros...

Goretti Sanmartín e Pedro Blanco apelan á colaboración co empresariado galego na asemblea da CEG

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro...

O comercio local de Santiago celebra o ‘Prima 2026’ con actividades familiares, música e unha ruleta de agasallos

O Concello de Santiago celebrará do xoves 11 ao sábado 13 de xuño unha...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here